Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra

Noticia publicada onte na web de Verdegaia con respecto ás medidas rexistradas tamén durante esta semana.

A estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra, xestionada pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rexistrou onte mércores 28 de xullo altos níveis de contaminación por ozono troposférico. De acordo coa información dispoñible na web sobre calidade do aire da Xunta, entre as 16 e as 21h a media horaria da concentración de ozono do aire superou o limiar de información á poboación. É o segundo día consecutivo en que isto acontece, pois na tarde do martes 27 tamén se superou o limiar de información á poboación. Hoxe mesmo podería acontecer de novo.

Até onde puido comprobar Verdegaia, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Xunta, nin na tarde de onte nin na do martes, advertiu ao conxunto da poboación pontevedresa sobre estas superacións, incumprindo a normativa legal e o seu propio protocolo de actuación face a episodios de contaminación atmosférica aguda. Non é a primeira vez que isto acontece en Galicia ao se superar o limiar de información de contaminación por ozono, polo que Verdegaia presentará unha queixa específica por este motivo perante o Valedor do Pobo. Ademais cómpre ter en conta que onte pola tarde (polo menos entre as 13 e as 18 h) non se estaban divulgando a tempo real na web sobre calidade do aire da Xunta as medicións da estación de Pontevedra e do resto das cidades galegas. O mesmo está acontecendo hoxe, pois desde as 10 h non se facilita información. Observando a alta concentración de ozono rexistrada xa ás 9 h semella moi probábel que ao longo do día de hoxe se volva superar en Pontevedra o limiar de información.
De acordo co Real Decreto 1076/2003, relativo ao ozono no aire ambiente, cando se supere ou se prevea que se vaia superar este limiar, deberase subministrar á poboación “a unha escala suficientemente grande e canto antes” información sobre a superación ou superacións observadas e sobre a previsión para a seguinte tarde/día.

Para a estación de vixilancia da calidade do aire de Ourense, onde é posible que tamén se teña superado nestes días de intensa calor o limiar de información á poboación de contaminación por ozono, a web sobre calidade do aire non difunde información para este contaminante desde o 19 de xullo pasado.

Un contaminante formado a partir doutros primarios

O ozono da troposfera, a capa da atmosfera en contacto coa superficie (non confundir co da estratosfera, que nos protexe das radiacións ultravioletas), é un contaminante secundario inodoro que se forma nos meses máis calorosos do ano mediante unha complexa serie de reaccións fotoquímicas nas que participan a radiación solar, o dióxido de nitróxeno (NO2) e compostos orgánicos volátiles. Pode transportarse a longas distancias cos movementos das masas de aire. A elevadas concentracións causa irritación nos ollos, superficies mucosas e pulmóns. A resposta á exposición ao ozono pode variar moito entre individuos por razóns xenéticas, idade (afecta máis aos nenos e as persoas maiores) e pola presenza de enfermidades respiratorias como alerxias e asma. Cando se supera o limiar de informacion á poboacion desconséllase totalmente o exercicio intenso ao aire libre, especialmente no caso das persoas máis vulnerables.

Dieser Beitrag wurde am Venres, 30. Xullo 2010 um 14:53 Uhr veröffentlicht und wurde unter der Kategorie Novas, 3.3 Outras agresións, 3.3.6 Residuos e contaminacion, 3.3.6.02 Contaminación atmosférica abgelegt. Du kannst die Kommentare zu diesen Eintrag durch den RSS-Feed verfolgen. Du hast die Möglichkeit einen Kommentar zu hinterlassen, oder einen Trackback von deinem Weblog zu senden.

« Anarquistas y antifascistas atacan el Ayuntamiento de Jimki (Rusia) en defensa del bosque – El 30% de la energía de Andalucía proviene de energías renovables »

Non hai comentarios »

Ainda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Please copy the string K5hYwC to the field below:

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll