Vídeo, crónica e fotos da Bicicaravana ao seu paso pola comarca

As veces o ritmo dos acontecimentos non nos permite actualizar coa periodicidade habitual, moitas son as cousas que foron pasando dende a derradeira anotación. Entre outras, a bicicaravana antipetroleira pasou pola comarca.



As pontes - Goente

Á hora prevista no programa un grupo de ciclistas unímonos en As Pontes coa bicicaravana. Tras un cálido recibimento saímos cara Goente facendo unha primeira parada nas inmediacións da central térmica, onde se falou das circunstancias que rodean a central e as implicacións con Ferrol no transporte de carbón e gaseiro. Para a realización dun documental da bicicaravana fixéronse tomas de video e fotos da central e do novo lago.

Con algo de retraso, a Bicicaravana chegou a Goente por volta das 19 horas; completada a Bicicaravana cos ciclistas incorporados en As Pontes e Goente, os ciclistas dirixironse ao Picobello, onde Nes de Adega os guiou polo expazo natural que está ameazado polo proxecto dunha mina de andalucita. Nes explicou tanto as características singulares daquel espazo natural como o proxecto da mina que o ameaza; finalmente, dirixímonos ázona onde ficaría establecida a escombreira, que pode estragar outro fermoso paraxe natural.

P1080569.JPG
———————————————————————————————————————————–
P1080561.JPG
———————————————————————————————————————————–
P1080584.JPG
———————————————————————————————————————————–
P1080595.JPG
———————————————————————————————————————————–
Rematado o roteiro dirixímonos ao CSO da casa da estación en Pontedeume onde reporíamos forzas e descansariamos.

Roteiro polas Fragas do Eume

O roteiro fixo un tranquilo percorrido pola beira do Eume para disfrutar e apreciar a beleza do espazo natural das fragas do Eume e comprender as nefastas implicacións que a acitividade industrial existente e prevista pode ter para a súa preservación.

Xa de volta pola tardiña na casa da estación fíxose unha charla coloquio moi animada na que se explicou a iniciativa da bicicaravana e se proxectaron fotos e vídeos ilustrativos das loitas e lugares por onde tiña percorrido.

———————————————————————————————————————————–

Roteiro por Ferrol

P1080636.JPGO roteiro polos puntos negros da ría de Ferrol comezou na ensenada de Caranza, a onde chegara para incorporarse á Bicicaravana un numeroso grupode ciclistas da Masa Crítica da Coruña. Case dúas deceas de ciclistas comezaron o roteiro polo paseo marítimo de Caranza, e fixeron a primeira parada na desembocadura do antigo río do Tronco, hoxe convertido en cloaca que emporca aquel recuncho da ría de Ferrol.

P1080667.JPG

P1080682.JPGDespois dun paseo pola cidade, visitando as Casas Baratas, a seguinte parada foi a praza de España, onde un guía local explicou aos asistentes a desfeita que significou a obra e as erráticas decisións tomadas polos diversos grupos municipais na xestión da obra.

Dende a praza de España, o grupo atravesou o centro da cidade pola rúa do Sol e dirixiuse á Casa do Mar, onde se visualizou a política de recheos que ven patrocinando a autoridade portuaria e que está desfacendo lentamente a vella enseada da Malata.Dende alí, baixouse ata o porto de Ferrol, onde os ciclistas se achegaron ao mirador para visualizar a cercanía do complexo Reganosa, que destruiu bancos marisqueiros, contamina a ría e ameaza a seguridade de Mugardos e de toda a bisbarra.

P1080685.JPG

Tamén se lle explicou a xente como é que unha cidade como Ferrol só ten acceso ao mar en un numero moi pequeno de lugares e cómo a actividade portuaria, militar e industrial, roubou á cidadanía o acceso ao mar. Para rematar o roteiro, os ciclistas percorreron as murallas interiores da cidade dende o porto até os estaleiros de Navantia, visualizando a separación artificial da cidade e do mar; ao final, chegouse ao local do Espazo Libertario, onde se fixo unha explicación do sentido da Bicicaravana e unha historia do que se fixo no seu percurso.

P1080714.JPG

———————————————————————————————————————————–

Roteiro Ferrol-Mugardos

O roteiro Ferrol-Mugardos partiu da praza do Inferniño para iniciar o percurso polo barrio do Bertón, onde a especulación urbanística desfixo totalmente o antigo barrio e agora fica nunha situación semi-desértica polo abandono dos constructores dos proxectos de urbanización, grazas á
crise económica. Polo retraso na saída, non houbo tempo para dar a volta completa á ría, para visitar a desfeita realizada na area de O Ponto-Xuvia
pola empresa Megasa.

Tivemos de cruzar a ría pola ponte das Pías, para desesperación dalgúns conductores que non están afeitos a compartir o uso das vías públicas cos ciclistas. O tráfico no día do roteiro era moitísimo en toda a zona pola coincidencia da celebración do xantar solar organizado por Unión Libertaria, coa festa do polbo patrocinada polo concello de Mugardos. Para tentar evitar o tráfico, a Bicicaravana foi cara a Mugardos pola estrada do Seixo, onde observamos os fermosos paraxes naturais existentes e o comparamos coa mole de Reganosa e a destrucción que ten causado na zona.

Polo camiño, houbo tempo para comprobar cómo os gobernos de todo tipo traballan en función das empresas e en contra dos intereses dos pobos, pois a vía rápida que en teoría debía unir Mugardos e As Pontes, ao final resulta que é básicamente unha estrada que une Reganosa con Endesa, para facilitar o tráfico das cisternas de gas dende a regasificadora ata os ciclos combinados da central térmica máis contaminante do Estado.

O roteiro rematou coa chegada ao “campo dos carneiros” en Mugardos, onde as compañeiras e compañeiras estaban xa preparando o xantar solar. Co lema “outro modélo enerxético é posible” a festa reivindicativa prolongouse ate ven entrada a tarde a escasa distancia da planta de Reganosa rematando así a andaina da Bicicaravana pola nosa comarca.

Dieser Beitrag wurde am Mércores, 21. Xullo 2010 um 03:38 Uhr veröffentlicht und wurde unter der Kategorie Novas, 3.2 Decrecimento e anticapitalismo, 3.3 Outras agresións, 1 Reganoxo, 3. Capitalismo en crise, 1.2 Reganosa Demolizón, Vídeos, 3.2.1 Autoxestión e alternativas, 1.2.1 alí estivemos, 3.2.1.01 Okupación abgelegt. Du kannst die Kommentare zu diesen Eintrag durch den RSS-Feed verfolgen. Du hast die Möglichkeit einen Kommentar zu hinterlassen, oder einen Trackback von deinem Weblog zu senden.

« Programa da bicicaravana ao seu paso pola comarca – Fotodiario de la vuelta, Galiza: San Cibrao, As Pontes, Pontedeume, Ferrol, Quilmas… »

2 Comentarios »

  1. Eiquí hai unha crónica dos dias posteriores, da marcha da bicicaravana para Quilmas, por cortesía da xente da masa crítica da Coruña:

    - http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?t=1964&postdays=0&postorder=asc&start=15&sid=4433fa48e8725c513db449f3696d46d7

    Comentario: Anónimo – 27. Xullo 2010 @ 2:52 am

Deixar un comentario

Please copy the string DBa0RX to the field below:

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll