Unha agresión intolerábel: a mina de andalucita n’As Pontes bota a andar

Se alguén pensaba que en materia medioambiental a permisividade do goberno anterior xa era de por si nefasta, agora o goberno do Partido Popular demóstranos que as agresións ao territorio aínda poden acadar cotas máis elevadas de destrución.

A Xunta de Galiza acaba de aprobar a Declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Sonsoles IV, 6156.1, concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Picobello Andalucita, S.L. Esta empresa de capital surafricano e británico ten a súa sede na Coruña.

Este proxecto do ano 2000 vai crear 33 empregos segundo o Instituto Galego de Promoción Económica e conta cunha subvención estatal de 6,3 millóns de euros, o 37 % do investimento total previsto. Unha cifra desorbitada que non pode ser xustificada pola crecaión de postos de traballo. No ano 2005 a Consellaría de Medio Ambiente, dirixida por Pachi Vázquez, rexeitou o estudo de impàcto ambiental por afectar ao parque natural das Fragas do Eume. A empresa presentou unha modificación do proxecto no que aseguraba que o parque natural quedaba excluído da explotación, quedando esta a 50 metros das Fragas.

A superficie ocupada polo novo proxecto é de 277.016 m2 e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viábel. A mesma Consellaría, nun trato de favor dificilmente xustificábel, deixa aberta a posibilidade de que a empresa solicite unha modificación das medidas impostas pola administración en caso de ser dificultosa a súa implantación: “O promotor poderá solicitar ao órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta Declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación”

No proxecto primeiro de Picobello Andalucita prevíase expropiar 150 hectáreas, unha superficie equivalente á marcada no plano.Visualizar o mapa ampliado

O permiso para dita explotación suporía a destrución duns inmensos valores ecolóxicos, paisaxísticos e etnográficos (fragas, regos, brañas, muíños, acueductos, rueiros, regadíos, …). No lugar nacen dous regatos: rego de Cernada e o rego de Gallel, ambos os dous están incluídos na bacía do río Eume, aínda que tamén poden verse afectados os regos de Sisín, rego da Igrexa e regato de Teixido. Sen esquecer ao río Belelle. Unha agresión a un enclave que debería, polas súas características, estar comprendido dentro dos límites do parque natural das Fragas do Eume e que nos demostra como o novo goberno da Xunta de Galiza está disposto a desandar o camiño que a sociedade civil galega trazou en defensa do territorio.

Páxina de Pico Vello

Dieser Beitrag wurde am Domingo, 14. Marzo 2010 um 23:06 Uhr veröffentlicht und wurde unter der Kategorie Novas, 3.3 Outras agresións, 3. Capitalismo en crise, 4. Galiza Non Se Vende, 3.4 Empresas agresoras, 3.6 políticos cómplices, 3.6.3 PP de las JONS, 3.3.4 Mineiría, 3.4.22 Picobello andalucita abgelegt. Du kannst die Kommentare zu diesen Eintrag durch den RSS-Feed verfolgen. Du hast die Möglichkeit einen Kommentar zu hinterlassen, oder einen Trackback von deinem Weblog zu senden.

« SOS Courel denuncia ‘corrupçom florestal’ na Rede Natura – LA LUCHA CONTRA LA PETROLERA SHELL EN IRLANDA »

Non hai comentarios »

Ainda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Please copy the string QD9Hg0 to the field below:

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll