Tirado de diarioliberdade.org:
A asociación eocolóxico-cultural SOS Courel vén de remitir unha denuncia á Fiscalía de Medio Ambiente en Incendios do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no para frear o que denomina ‘corrupción forestal xeralizada no Courel’.
O colectivo ecoloxista expón no seu escrito as maneiras en que a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente están a executar traballos de restauración hidrolóxica forestal. Segundo SOS Courel, os dous departamentos, en lugar de facer o traballo a man, están a utilizar maquinaria pesada que está a destruír hábitats naturais do Concello do Courel, “con fins lucrativos”.
Os ecoloxistas lembran que o Concello do Courel está protexido pola Rede Natura 2000 e polas Normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento Provincial, polo que é un espazo natural coa máxima protección ambiental e urbanística.
3 millóns de euros para destruír o Courel
SOS Courel estima que a Xunta e o Goberno central inviste cada ano máis de 3 millóns de euros en “destruír o Courel”. Para o colectivo esta cifra é suficiente para pagar os salarios de máis de 100 persoas que se poderían adicar a restaurar “as inmensas desfeitas do Courel”.
« [Ascó | TGN] Participación libertaria y de la CNT en la manifestación anti cementerio nuclear en Ascó – Unha agresión intolerábel: a mina de andalucita n’As Pontes bota a andar »
Ainda non hai comentarios.