Ponte Vedra: Unha fuga na celulose de Elnosa obriga a activar o plan de emerxencias

Está algo rancio, de hai tres dias, tirado de A Nosa Terra:

A factoría de Elnosa en Pontevedra rexistrou hoxe un escape de ácido clorhídrico na factoría de Pontevedra que obrigou a activar o plan de urxencia, aínda que non produciu danos persoais.

Así o revelou hoxe o Concello de Pontevedra a través dunha comparecencia urxente do concelleiro de Seguridade Cidadá, o nacionalista Demetrio Gómez.

Tras sinalar que non houbo que lamentar danos persoais, o edil explicou que a fuga de ácido clorhídrico dun tanque –que se produciu ás 5h30– non chegou ao exterior, pero aínda así provocou a activación do plan de urxencia da factoría. “O ácido quedou atrapado dentro de cubeta de formigón que recobre o tanque metálico”, explicou.

Nesta conxuntura, advertiu de que a factoría é “unha bomba de reloxería en plena Ría de Pontevedra” polo que esixiu ao Executivo autonómico o seu “inmediato” traslado.

Dieser Beitrag wurde am Martes, 17. Novembro 2009 um 04:14 Uhr veröffentlicht und wurde unter der Kategorie Novas, 3.3 Outras agresións, 3. Capitalismo en crise, 3.3.1.06 Papeleiras abgelegt. Du kannst die Kommentare zu diesen Eintrag durch den RSS-Feed verfolgen. Du hast die Möglichkeit einen Kommentar zu hinterlassen, oder einen Trackback von deinem Weblog zu senden.

« LNG Finima: 2º intento fallido – Outro vídeo sobre a loita de Massó »

Non hai comentarios »

Ainda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Please copy the string Lkyzam to the field below:

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll