Boletín Reganosa Demolizón Nº 00

Xa está na rúa e na rede o primeiro número do noso boletín.

Podes acadá-lo pdf premendo aquí.

Ollo!, é en A3.

Bon proveito!.

Dieser Beitrag wurde am Sábado, 07. Febreiro 2009 um 06:23 Uhr veröffentlicht und wurde unter der Kategorie Novas, 2. Outras plantas de gas, 1.2 Reganosa Demolizón abgelegt. Du kannst die Kommentare zu diesen Eintrag durch den RSS-Feed verfolgen. Du hast die Möglichkeit einen Kommentar zu hinterlassen, oder einen Trackback von deinem Weblog zu senden.

« Máis que nunca faise necesaria unha revolución ecolóxica – Entabán Biocombustibles verte á Ría máis de 10.000 litros de “glicerina” »

9 Comentarios »

  1. El articulo que quitais del comite me parece algo desfasado,,,.
    Se puede tener cientos de puntos de vista y estar a favor de la vida.

    Que sepais mi opinión.

    Comentario: suso – 07. Febreiro 2009 @ 8:14 pm

  2. O que se cuestiona no artigo son os pontos de vista e as estratexias do comité, non que estén a favor da vida… polo tanto non entendo o teu comentario… poderías explicá-lo millor ? porque nós estamos dispost@s a debaté-lo que sexa, outr@s non tanto.

    Un saúdo.
    rubén

    Comentario: rubendeferrol – 07. Febreiro 2009 @ 8:33 pm

  3. Pois que son os que se estan a movilizar mentras vos o unico que vexo e que quitades un boletin decindo ‘’a trama oculta'’.
    Eu vou seguir sendo independente pero se teño que tirar pedras as tirarei dando a cara,sempre de frente e non como acabades de facer.
    Aqui tedes a opotunidad.

    XXI Asemblea Cidadá
    Mércores, 11 de Febreiro, ás 19 horas.
    Local da A. VV. “Ferrol Vello”

    E só espero sigamos traballando todos coas suas ideas en pro dun unico ideal
    ¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

    Comentario: suso – 09. Febreiro 2009 @ 3:09 am

  4. Bon, pois chegado a este ponto vexo que é preciso explicar, a ti e a quen todavía poida pensar como ti, unhas cantas cousas, así que me vou tomá-lo meu tempo e vou respostar por partes, en sucesivas mensaxes:

    En primeiro lugar voute aclarar que nós xa tentamos a participación nas asembleas cidadás, se non sabes isto é porque ti non estabas. Participamos destas ate que ficou claro que diverxiamos co comité no que significa o termo asemblearismo. Para nós unha asemblea te que ser un orgao decisorio, non consultivo. Isto está bastante ben explicado no artigo que aludes.
    As asembleas do comité funcionan, polo que eu entendo da miña experiencia, do seguinte xeito:

    - O Comité se reúne habitualmente coa mesa. O Comité e maila mesa elaboran a orde do dia da asemblea e a convocan.
    - Na asemblea se leé o informe do comité, as súas propostas para o futuro, e estas son sometidas a consulta (?)

    Chegados a un ponto no que o diálogo na asemblea se facía imposible, así como aportar propostas de movilización ou críticas á actividade do comité, decidemos que era máis producente, e productivo para tod@s, non participar da asemblea e agardar a que o comité emitira o informe da asemblea. Total, é o mesmo, enteiramo-nós dos plans do comité e seguimos tendo o mesmo poder decisorio: ningún.

    Polo tanto creo que non nós verás na próxima asemblea, iso sí, informaremos no blogue do informe do comité sobre esta asemblea, en ningún caso deixamos de prestar atención e valorar ás propostas e actividades do comité.

    continuará…

    Comentario: rubendeferrol – 09. Febreiro 2009 @ 5:51 pm

  5. En canto ao de dá-la cara:

    - A xente do comité coñece ben as nosas caras, están fart@s de vé-las, máis a miúdo do que gostarían. Nas asembleas nos teñen escoitado, a nós e as nosas propostas, das que necesariamente falarei cando me refira as túas acusacións de non movilizarnos…

    - Por outra banda. A primeira persoa a que lle demos un boletín impreso foi a alguén do comité. Mesmo o sábado estivemos repartindo o boletín no acto da RGNSV en Ferrol.

    Polo tanto non podes acusarnos de non dá-la cara.

    Comentario: rubendeferrol – 09. Febreiro 2009 @ 6:10 pm

  6. A ver,que parece que xa empezas a alterarte,,,o teu primeiro punto dis-…… nós xa tentamos a participación nas asembleas cidadás, se non sabes isto é porque ti non estabas.¡E INTENTACHEDES PARTICIPAR..¡¡???¡¡¡¡ ..!E EU NON VOU PORQUE EU SI SON LIBREEEE.
    E DEIXATE DE LERIAS CONMIGO,SÓ QUE NON COMPARTO O DE TIRAR PEDRAS SOBRE NOS………………………..DEIXAO XA!!!!!
    PLANTA DE GAS FORA DA RÍA1!!!!!

    Comentario: suso – 09. Febreiro 2009 @ 8:19 pm

  7. Non deixo nada, o que semella estar alporizado es ti, non berres, QUE NON FAI FALLA!. Acusasnos de non dá-la cara: eu a ti non te coñezo de nada, máis se tes algo que dizerme pregunta por min cando queiras, xa sabes: pregunta por rubén e ven dizerme o que queiras á cara, non me deixo de lerias contigo porque fuches ti quen veu a tocá-las narices ao blogue. Parece-me a min que tes tantas gañas de debater nada como esta xente do comité.

    Pouco me podes recomendar que vaia as asembleas, todo hai que predicá-lo co exemplo, e ti, dis que non vas porque eres libre: menuda parvada!

    Comentario: rubendeferrol – 09. Febreiro 2009 @ 9:36 pm

  8. En canto ao da túa acusación de non movilizarnos:

    O comité non foi quen se movilizou, coma ti aseguras, quen se movilizou foi a cidadanía contraria á planta, incluid@s nós dende o principio da loita. O Comité simplesmente convoca, a movilización corre a cargo da tod@s nós.

    Foi precisamente nas asembleas cidadás onde @s libertari@s tentamos fazer ás nosas propostas e críticas. Máis a imposibilidade de que prosperaran fixo-nós tomá-la decisión de fazer pola nosa conta, tentando coordinarnos coa oposición á Reganosa á marxe do comité.

    Poño un exemplo:

    O percorrido polas ses dos socios do consorcio foi unha proposta de acción directa que nós levamos a unha asemblea, e que foi duramente rexeitada e mesmo combatida polos integrantes do Comité baixo a excusa de seren demasiado radical. “Acción directa? Acaso agora imos atracar bancos?” ( Pillado dixit).

    Máis adiante, a idea non debía ser tan mala, dado que o propio comité convocou este percorrido pola súa conta con certo éxito, iso si, rebaixando ao máximo o seu contido, de feito o percorrido se fixo pola aceira, por non provocar supoño.

    A amplia presencia policial durante este facto, comparada coa nula presencia policial noutro tipo de convocatorias do comité, debe fazer-nós pensar no estratéxico de apontar cara os socios de Reganosa nos actos reivindicativos.

    Sobre todo isto hai escrito longo e tendido no arquivo desta web.

    Outro dato a ter en conta, pola túa acusación de desmovilizadores/as: “[…] Y si al final quedamos cuatro me dá igual […]” - Montse Garel dixit - nun alarde de prepotencia e falla total de autocrítica durante unha das asembleas cidadás nas que si participamos.

    Nós, pola nosa conta sempre andamos na procura de tecer novas pontes con colectivos opositores a esta e outras agresións ambientais, así como con xente que pretende construir alternativas ao actúal orden das cousas. No seu día tentamos coordinarnos con alguns colectivos, entre os que había xente do comité, para a creación dunha asemblea comarcal da RGNSV, que non fructificou polo de agora. Ademáis participamos das masas críticas, do grupo de troco, e de todas aquelas iniciativas que teñan que ver con un cambio de módelo de sociedade, de módelo enerxético, etc…

    Poco podes acusarnos de non movilizarnos porque sempre estamos a movernos, non só polo tema de Reganosa, se non por todo aquelo que consideramos preciso.

    Non imos polas concentracións de cada gaseiro porque somos traballadores/as, non xubilados/as ociosas que poidan manifestar-se calquer día e a calquer hora.

    Nembargantes, non deixaremos pasar ningunha ocasión de expresá-la nosa opinión, xa sexa nas manifestacións coa nosa pancarta, por meio de pintadas, desta web, do boletín ou polo meio que sexa, porque nós si somos REALMENTE INDEPENDIENTES e exercemo-la nosa liberdade de expresión e opinión como millor nos parece.

    …e continuarei…

    Comentario: rubendeferrol – 09. Febreiro 2009 @ 10:05 pm

Deixar un comentario

Please copy the string zZk6EC to the field below:

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll