Prevista a entrada na Ría do Gaseiro que fará o número 49, cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Convoca CONCENTRACION, Venres, 24 de xullo de 2009, ás 8 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol.
Caracteristicas do buque:
Nome.- Sestao Knutsen Bandeira.- España Eslora.- 284.4 m
Manga.- 42.5 m Calado Máximo.- 12.3 m Capacidade.- 138.000 m³
Tirado de Indymedia Galiza
Na passada quinta feira, dia 16 de Xulho, vem de se publicar no DOG a resoluçom pola que se aprova definitivamente o projecto sectorial de incidência supramunicipal do «Parque Eólico Oribio», nos concelhos de Triacastela e Samos.
Desde a Associaçom Socio-Cultural «O Iríbio» manifestar a nossa mais absoluta e rotunda OPOSIÇOM este atentado contra a nossa terra e o nosso futuro: (máis…)
Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días. Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade. (máis…)
O vídeo que tiñamos aquí ligado foi retirado de youtube
Tirado de www.galizanonsevende.org
Esta mañá efectivos da Garda Civil detiveron a varios activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó.
Algúns deles foron golpeados polas forzas da orde e posteriormente trasaladados a dependencias policiais. (máis…)
El detenido es miembro del Foro Social de Cangas, colectivo contrario a la construcción del puerto deportivo
EUROPA PRESS Efectivos de la Guardia Civil han detenido hoy a uno de los vecinos que acuden cada día a las obras del puerto deportivo que se está construyendo en la antigua fábrica de Massó, en lo localidad pontevedresa de Cangas, y a quien se le imputa un supuesto delito de coacciones, según informaron a Europa Press fuentes del Instituto Armado. (máis…)
Tirado de http://www.anosaterra.org/nova/31759/a-ecoloxista-poucas-persoas-me-poden-ganar-.html
Manuel Vilas . A conselleira do Mar presume do seu compromiso na defensa da natureza. Con todo, Quintana adianta que a Rede Natura non deterá as polémicas novas piscifactorías. Mesmo indica que nesta lexislatura dará os primeiros pasos para recuperar a macrogranxa que Pescanova ambiciona no espazo protexido de Touriñán, parada polo bipartito. (máis…)
Tirado de www.adega.info
Ourense, 13 de xullo de 2009. Os colectivos que integramos a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra, entre eles ADEGA, vimos de solicitar a paralización urxente das obras da central Santo Estevo II e un novo estudo de impacto que contemple as graves afeccións ambientais e turísticas do delirante proxecto de IBERDROLA. (máis…)
Tirado de http://www.kaosenlared.net/noticia/quinze-empresas-participadas-caixa-galicia-aumentam-lucros-em-tempo-cr
Os mais destacados capitalistas galego-espanhóis nom estám a trabucar-se de rumo nestes tempos de crise.
Caixa Galicia, máxima insíngia deste capitalismo autóctone de vocaçom espanhola, continua a engrossar lucros nestes tempos de decrescimento forçoso. (máis…)
Compostela, 8 de xullo de 2009. ADEGA vén de presentar alegacións a un proxecto que degradará o LIC Esteiro do Tambre e perxudicará gravemente ao marisqueo na ría. Consideramos inaceptábel a proposta da actual administración de recuperar o viaduto sobre a ría de Noia polo seu gravísimo impacto ambiental sobre o Esteiro do Tambre, a destrución dunha das máis fermosas paisaxes litorais do país e as nefastas consecuencias sobre o marisqueo e o turismo local. Este obra é filla do “Plan Galicia”, que pretendía tapar con asfalto e formigón a incompetencia da Xunta para xestionar a marea negra do Prestige. É unha mostra máis das nefastas políticas de infraestruturas, totalmente afastadas dun modelo de desenvolvemento minimamente sustentábel, así como da prepotencia e da carencia de sensibilidade ambiental e social dunha administración para evitar os enormes impactos que estas políticas comportan. (máis…)
Un ano máis Greenpeace fai público o informe “destrución a toda costa” esta vez referido ao ano 2009. Galiza non se libra das agresións medioambientais que ano tras ano ameazan con transformar irreversiblemente a paisaxe e a economía galega. Dende as piscifactorías ata as macrourbanizacións pasando polo plan eólico, os portos deportivos, a ausencia do sempre proclamado Plan de Ordenación do Litora, o estado dos ríos e rías galegas e a perigosa planta de gas na ría de Ferrol, todo é tratado neste informe que xa é referencia entre o ecoloxistas de todo o país.
Descargar aquí o informe sobre Galiza
Tirado de http://www.kaosenlared.net/noticia/grave-catastrofe-toxica-no-rio-barbana-ourense
NECESIDADE DE ATOPAR AOS RESPONSABEIS DA VERTEDURA DO RÍO BARBAÑA
Ourense, 2 de xullo de 2009
Adega alenta á investigación da Fiscalía.
Diante da apertura dun proceso investigatorio sobre a autoría do delito de vertedura ao río Barbaña, a asociación Adega, posuidora como o colectivo con moitos anos de experiencia sobre verteduras contaminantes aos ríos, quere alentar o traballo dos órganos xurisdiccionais e dos corpos auxiliares da policía xudiciaria para que se atope aos responsables do magno asasinato da natureza no río Barbaña. (máis…)
La junta general de accionistas de Gas Natural celebrada ayer, en la que se aprobó la absorción de Fenosa, también sirvió a los directivos de la gasista catalana para anunciar la revisión y estudio de las inversiones que hasta ahora mantenía la eléctrica en Galicia. Una por una, el consejero delegado de Gas Natural, Rafael Vilaseca, avanzó los pasos a seguir en el capital de las principales compañías participadas y proyectos de Unión Fenosa en la comunidad gallega, entre los que se encuentran los paquetes accionariales de Reganosa (21%) y Sogama (49%), así como la central térmica y de ciclo combinado de Sabón, para la que busca comprador. (máis…)
Da web de Verdegaia
Ante a presentación no Concello de Ribeira do proxecto de Planta Satélite de Recepción, Almacenamento e Regasificación de Gas Natural Licuado, no monte de San Alberte, Verdegaia vén de solicitar aos partidos políticos da oposición municipal o seu posicionamento sobre o tema. Esta planta suporía a circulación continua de camións con gas licuado pola bisbarra para subministrar a planta, un produto áltamente inflamábel e moi perigoso como demostra o recente accidente na Toscana Italiana. Asemade, representa un dobre investimento para a mesma función xa que existe un proxecto en marcha para a construción dun gasoducto que subministre a Ribeira. (máis…)