Mil seiscientos días contra la refinería en Tierra de Barros

Xoves, 26. Febreiro 2009 von reganosa

Tirado da edición dixital do periódico Diagonal

Carolina Yacamán (Redacción)

Cuando se conmemora el 40 aniversario del Parque Natural de Doñana, la Junta de Extremadura y el grupo industrial Gallardo se preparan para la construcción de una refinería cuyo oleoducto atravesará el Parque.

El polémico proyecto de la refinería de Tierra de Barros incluye un oleoducto de más de 200 kilómetros desde la costa de Huelva hacia el interior de Extremadura que atravesaría la comarca de Doñana y una decena más de espacios protegidos.
(máis…)

Colectivo THC (Temos Horta Comunitaria) : Ano cero, declaración de intencións

Luns, 23. Febreiro 2009 von reganosa

ANO CERO , DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS

-¿Qué somos?

Pois unha iniciativa autoxestionada de forma asamblearia e horizontal, na cal evitamos calqueira tipo de interés economico en torno a nosa actividade.

Simplemente tratamos de preservar un espazo natural xa acondicionado, dependendo das sementes das hortalizas que cultivemos e a rotacion dos cultivos, a nosa finalidade é crear e manter un ciclo de subsistencia da terra.

Así mesmo o único beneficio “material” que recibiremos serán os productos naturais da horta, que as integrantes recibirán para o seu consumo repartidos de forma igualitaria.

Os nosos cultivos serán ecoloxicos, cun sistema de permacultivo, ademais o espazo serviralle á xente que non teña coñecemento nestas artes de cultivo para aprender mediante o traballo diario na mesma, coa satisfacción engadida de poder levar a casa os productos cultivados, non se lle impedirá a ninguén participar no proxeto por falta de coñecemento das actividades do campo.
(máis…)

POR UNHA RÍA LIMPA E VIVA

Luns, 23. Febreiro 2009 von reganosa

A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saude, que proveñen das industrias.

Na cidade mais industrializada do país, as aguas industriais da maioria das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada dia, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ria nom se podan comercializar por ser nocivos para a saúde. (máis…)

Charla en Vigo contra o TAV

Luns, 23. Febreiro 2009 von reganosa

A Ría Non se Vende invita a todo o mundo a aistir ás Xornadas Formativas que levan por título “O modelo de Transporte actual en tempos de Crise Global” e que comezan este sábado 28:

CHARLA: “POR QUÉ ESTAMOS CONTRA A ALTA VELOCIDADE?”

A cargo dun membro da Asemblea Anti-TAV de Euskal Herría ( http://www.sindominio.net/ahtez/) e xente do GAS de Vigo.

Será o sábado 28 ás 19h na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo

Alí estivemos

Luns, 16. Febreiro 2009 von reganosa

Primeiras secuelas da alta velocidade en Galiza

Sábado, 14. Febreiro 2009 von reganosa

Enviaron isto os do GAS de Vigo, el@s e máis a xente de AMAL promoven un bloco anti-tav na mani de Galiza Non Se Vende.

En relación aos agravios que a alta velocidade traerá a Galiza nun curto periodo de tempo está a supresión de paradas, por canto apenas tenhem assegurada a sua permanência as localidades de A Corunha, Compostela, Ponte Vedra, Vigo, Tui, Ourense, Monforte, Lugo, Ferrol e Betanços. Das que ficam, que nom sejam estas, permanecem por questons técnicas ou comerciais (para o transporte de mercadorias por quanto este transporte nom se pode fazer polas vias empregadas polo AVE por questons de segurança). Aliás, o ancho da via do AVE é maior que o empregado no trem convencional e no transporte de mercadorias, nos tramos AVE apenas podem funcionar trens AVE. (máis…)

Concentración Gaseiro nº 41

Venres, 13. Febreiro 2009 von reganosa

Atopamos este vídeo da concentración de onte na web de Canario do penedo:


Ría de Ferrol, no ollo do furacán

Venres, 13. Febreiro 2009 von reganosa

Tiramos este artigo de Pillado da páxina da Plataforma Artabra 21

Por Rafael Pillado [*]
Mércores 11 de Febreiro de 2009

O Conselleiro de Medio Ambiente, no seu paso por Ferrol o 27 de Xaneiro, anunciou o seu compromiso coa Ría declarándoa “zona sensible”. Sinalando ademáis, que a “bocana da Ría é moi estreita e os riscos da deteriorización das augas son maiores”. Engadía que a partires do ano 2009 poñerá en marcha “un plan de controis de verquidos, inspección e análise da ría, que pretende diagnosticar os pequenos verquidos que poderían escaparse ós controles de maior envergadura”.
(máis…)

Autobus para a manifestación de Galiza non se vende!

Xoves, 12. Febreiro 2009 von reganosa

Dende o Espazo Libertario imos fletar un bus para participar na manifestación convocada pola RGNSV , o próximo domingo 15 de Febreiro as 12 da mañá na Alameda de Compostela.

Sairá de ferrol as 10 da mañá e regresara de compostela ás 5 da tarde. Faremos unha parada en Pontedeume para recoller xente cara Compostela. Prezo estimado:8 euros.

Se queres vir, confirma a túa asistencia no seguinte e-mail: unionlibertaria@gmail.com

Ou pásate polo Espazo Libertario na Avda de Esteiro nº 10 baixo, Luns e Venres de 19 a 21h, Martes e Xoves de 20 a 21h e Sábados de 11 a 13h.

Xornadas e exposición sobre o medio mariño no Ateneo Ferrolán‏

Xoves, 12. Febreiro 2009 von reganosa

Envía Ateneo Ferrolán:

Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.

Venres 13 de febreiro

18:30h. – Conferencia “Tartarugas mariñas: situación actual, proxectos de recuperación e voluntariado”
(máis…)

12 febreiro: CONCENTRACIÓN - Gaseiro nº 41

Xoves, 12. Febreiro 2009 von reganosa

Está prevista para o xoves a entrada na Ría de Ferrol do que será o gaseiro cargado nº 41, chamado “SOHARLNG” e cuxas caracteristicas son:

Bandeira.- Panamá, Eslora.- 286.28 m., Manga.- 45.75 m., Calado Máximo.- 11.35 m., Capacidade.- 137.248 m3

Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACION

Xoves, 12 de Febreiro, ás 7 da tarde

diante do Edificio Admvo. da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

A Xunta outorga a Stolt Sea Farm permiso para unha granxa mariña e un criadeiro en Merexo

Martes, 10. Febreiro 2009 von reganosa

De galizanonsevende.org:

Segundo publica hoxe o DOG a Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos outorga a esta multinacional a concesión de actividade para unha granxa mariña e criadeiro en Merexo-Muxía. As características desta piscifactoría aparecen recollidas no citado boletín oficial e delas cabe salientar que no criadeiro produciranse 2 millóns de rodaballos ao ano e 400.000 unidades de linguado. Na granxa produciranse 300 t/ano de rodaballo.
(máis…)

” Pequena bomba atómica”

Martes, 10. Febreiro 2009 von reganosa

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol (Galicia)

Achegamos artigo de La Gaceta de los Negocios - Madrid,Spain

O que agora recolle a Fundación Athena Intelligence nun informe que acaba de publicar sobre os riscos que afronta o sector energético español desde a perspectiva do terrorismo yihadista xa fora denunciado polo experto estratega xeral Gabeiras Montero e o CCE en tantas aparicións públicas. O informe foi feito por Fernando M. Mañas, membro das Forzas de Seguridade do Estado experto na materia.
(máis…)

Que futuro? Eleicións, crises e o papel da cidadanía

Luns, 09. Febreiro 2009 von reganosa

De galizanonsevende.org. Escrito de Xosé Maria Garcia Villaverde, de verdegaia, publicado no blog de redacción de “Cos pés na terra

25 de Xullo de 2008 o diario El País publicou unhas páxinas centrais na súa edición de Galiza tituladas “Unha ollada no horizonte”. Varias reportaxes, unha entrevista, artigos (entre eles un de cada dirixente das tres forzas políticas con representación parlamentar en Galiza) e dúas páxinas con pequenas aportacións de 15 persoas agrupadas baixo o titular “As mil caras do país que está por vir”. É unha mágoa que non estexa dispoñíbel na hemeroteca electrónica do xornal.

Eu, como secretario xeral de Verdegaia, fun unha desas 15 galegas e galegos aos que se lle pediu unha breve opinión sobre como pensabamos que sería Galiza nun futuro (poñamos 20 anos) e como gostariamos de que fose. As miñas achegas foron as que seguen:
(máis…)

XXI ” Asemblea cidadá”

Luns, 09. Febreiro 2009 von reganosa

Entabán Biocombustibles verte á Ría máis de 10.000 litros de “glicerina”

Luns, 09. Febreiro 2009 von reganosa

Da páxina da plataforma artabra 21

Unha das plantas de biodiesel localizadas no Porto Exterior de Ferrol, Entabán Biocombustibles, verte á Ría máis de 10.000 litros de “glicerina”, segundo a Autoridade Portuaria. O mesmo organismo, en declaracións á Radio Galega, considera o verquido “non contaminante” e que xa despregaron os dispositivos “anticontaminación”, colocando barreiras na Ría, para evitar a súa dispersión. Mais o temporal que xa está chegando á Ría vai probocar un desenlace crítico e de novo, a nosa Ría, vai recebir unha nova agresión con este verquido. Compre estar atent@s e levar un seguimento deste accidente, das súas causas, consecuencias e responsabilidades. As organizacións ambientalistas e ecoloxistas da comarca deberían xuntar-se para avaliar o sucedido e actuar en consecuencia.

Boletín Reganosa Demolizón Nº 00

Sábado, 07. Febreiro 2009 von reganosa

Xa está na rúa e na rede o primeiro número do noso boletín.

Podes acadá-lo pdf premendo aquí.

Ollo!, é en A3.

Bon proveito!.

Máis que nunca faise necesaria unha revolución ecolóxica

Venres, 06. Febreiro 2009 von reganosa

Tirado da web da RGNSV

Hai dous anos unha gran mobilización social alertou do grave deterioramento ecolóxico que estaba a padecer Galiza. Por primeira vez os movementos ecoloxistas conseguiran unir esforzos e vontades para denunciar unha política urbanística, enerxética e medioambiental insustentábel que estaba a provocar unha forte degradación social e territorial.

Aquel 6 de maio e posteriormente o 17 de febreiro do ano seguinte os galegos desterraron a falsa crenza dun pobo afeito á resignación. Vénciase o pernicioso fatalismo que aniña nas mentes e impide gobernar o noso destino, negando calquer posibilidade de transformación. Mais os nosos gobernantes desoiron as xustas protestas dos galegos e seguiron apoiando o saqueo das nosas riquezas por parte do capital.
(máis…)

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll