MANIFESTAZÓN GALIZA NON SE VENDE!!!!

Xoves, 29. Xaneiro 2009 von reganosa

DOMINGO 15 FEVEREIRO na ALAMEDA COMPOSTELA ás 12.00 da mañá.

….destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural, dos recursos naturais e da biodiversidade, marbellización do litoral, urbanismo salvaxe, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, parques, industriais desproporcionados e sen planificación, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, eucaliptización, cultivos transxénicos, empresas contaminantes e perigosas, canteiras e minas devastadoras, abandono e destrución do rural, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

http://www.galizanonsevende.org

Masa crítica en Ferrol e Ourense

Xoves, 29. Xaneiro 2009 von reganosa

Este xoves tamén: Masa crítica en Ferrol!! : ás 8 e 1/4 no palquiño da praza do Inferniño.
Coincide coa Masa crítica en Ourense, segundo miramos na páxina de verdegaia.

Máis info: http://www.bicis.info

Xoves 29: CONCENTRACION Gaseiro nº 40

Xoves, 29. Xaneiro 2009 von reganosa

Da páxina do comité:

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado nº 40, “LNG Bilbaio Knutsen”. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
fai un chamamento á CONCENTRACIÓN do xoves 29 de Xaneiro, ás 7 da tarde, diante do Edificio da xunta de Galicia.

As caracteristicas do buque son:

Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.5 m, Capacidade.- 138.188 m3

Calado máximo.- 12.30 m.

Concentración en protesta Contra o proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

Xoves, 29. Xaneiro 2009 von reganosa

Chegou-nos isto por correo:

Sábado 31, ás 17:30 h. na Praza do Concello de Neda

O proxecto de enlace entre a AP9 (Neda) e a autoestarada Ferrol-Vilalba (AG-64) carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG64 (Ferrol-Vilalba) por medio de alomenos estas tres opcións:

o Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
o A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
o A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.
(máis…)

Sensibeis estamos nós

Mércores, 28. Xaneiro 2009 von reganosa

De novo, recorremos á páxina de Canario do Penedo, que actualiza moi a miudo con contidos que nos parecen interesantes.

Medio Ambiente protexerá a ría de Ferrol como “zona sensible”

A Ría de Ferrol é unha da rías máis pequenas e peculiares de Galicia e, historicamente, a máis contaminada. Para investir esta situación e transformar o estreito estuario ferrolán en “un modelo de xestión” ambiental, a Xunta aprobará hoxe un decreto que protexe a ría como “zona sensible”. Esta consideración obriga a rebaixar os niveis de fósforo e nitróxeno da auga e pretende reducir ao mínimo os focos de contaminación.

Artigo orixinal El País
En Chuza
Diario de Ferrol

A Plataforma Galega Antitransxénicos alerta de novas sementeiras de millo transxénico

Mércores, 28. Xaneiro 2009 von reganosa

Tirado da web de Galiza Non Se Vende

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén de facer públicas 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 concellos do Estado español, entre os que figuran Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

(máis…)

Reganosa, a conexión galega con Alxeria

Mércores, 28. Xaneiro 2009 von reganosa

Tiramos isto da páxina de Canario do Penedo.

Unha parte importante do gas alxerino entra na península a través do gasoduto Europa-Magreb, que atravesa, pese as diferencias políticas que manteñen ambos países africanos, o territorio marroquí e o Estreito de Xibraltar. O Goberno de Rabat cobra un canon que oscila segundo as fontes entre o 8 e o 12% do gas trasladado. Para evitar esta peaxe, estase a construír un novo gasoduto que conecta a costa oriental alxerina coa da provincia de Almería.
(máis…)

Vídeo de FerrolTroca - Decrecimento práctico

Martes, 27. Xaneiro 2009 von reganosa

Gaseiro nº 40

Martes, 27. Xaneiro 2009 von reganosa

Estes días non puidemos actualizar, por iso e pola premura destas convocatorias non apareceu a convocatoria de onte no noso blogue. Hoxe recollemos esta información da páxina da Plataforma Artabra

As condicións meteorolóxicas, de novo, non permitiron a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, desta vez tratábase dun vello buque-cisterna, de máis de 32 anos de antigüidade [1977], de 281,7 metros de eslora e 41,6 de manga, de bandeira alxerina, o “LNG Larbi Ben M’Hidi”.
(máis…)

2º Concerto da Caravana de Galiza Non Se Vende

Luns, 19. Xaneiro 2009 von reganosa

O próximo sábado dia 24 a caravana de Galiza Non Se Vende chega a Coruña cun novo concerto, no que actuaran os grupos: A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, os trés trebóns e Samesugas.

Terá lugar na Casa das Atochas, no bairro de Monte Alto ás 20:30
(máis…)

Agrocombustibeis: pan para hoxe, fame para mañá…

Venres, 16. Xaneiro 2009 von reganosa

A conta da crise Caixa Galicia quere vendernos a panácea dos cultivos “ecolóxicos” para agrocombustiveis na Galiza. Nós xa sabemos o que suporían estas plantacións de terreos baldíos de cereais para agrocombustiveis: Pan para hoxe e fame para mañá. Solventar unha crise económica incidindo na crise alimentaria e ecolóxica non semella un ” bon negocio”.

f15c6f5.jpgNamentres, Entabán saca a súa primeira carga de biodiésel, por vía marítima, dende o porto de Caneliñas. (máis…)

Verdegaia rexeita o proxecto de gasoduto do Barbanza

Xoves, 15. Xaneiro 2009 von reganosa

Da páxina de Verdegaia:

Mércores, 14 de Xaneiro do 2009

Verdegaia vén de presentar alegacións ao proxecto de trazado do gasoduto do Barbanza, pedindo a paralización do mesmo polas graves eivas do estudo de impacto ambiental que o acompaña. (máis…)

Cos Pés na Terra nº5

Martes, 13. Xaneiro 2009 von reganosa

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade, cuxos públicos obxectivo principais son activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.

Podes ler o número 5 pinchando aquí

Plan de emerxencia

Martes, 13. Xaneiro 2009 von reganosa

Tiramos isto da web do comité

O interesante artigo de Xoán Rubia, titulado “PLAN DE EMERXENCIA” pubricado no “Diario de Ferrol” do pasado domingo, 11 de Xaneiro, fainos lembrar por forza a opinión de quén é o máximo responsable para Galicia de Protección Civil, o Conselleiro da Presidencia José Luis Méndez Romeu, que en Novembro do 2007, participou nun debate sobre a Planta de Gas de Reganosa no programa “La Ventana” da Cadena Ser, dirixido pola periodista Genma Nierga, no que participaron como contertulios: Santiago Carrillo, Herrero de Miñón e Pere Portabella. (máis…)

Refinería de Gallardo en Extremadura

Martes, 13. Xaneiro 2009 von reganosa

Na páxina kaosenlared.net atopamos unha entrevista á PCRN despois de catro anos de loita contra a refinería.
Ademais esta páxina contén abondosos artigos sobre o tema.

Nesta ligazón podedes mirar o documental sobre o tema producido por Libreproducciones.

Un metanero trae el 70% del gas que Euskadi usa al año

Luns, 12. Xaneiro 2009 von reganosa

Tirado de elpais.com

Atraca en el Puerto de Bilbao con 140.000 toneladas

El metanero Mozah, el mayor del mundo en su serie, llegó ayer al Puerto de Bilbao procedente de Qatar para descargar 140.000 toneladas de gas natural licuado, compradas por la empresa Gas Natural. El barco, construido en Corea del Sur, de 345 metros de eslora y 54 metros de manga, quedó amarrado a primeras horas de la mañana en la planta de Bahía de Bizkaia Gas (BBG) tras una compleja actuación en la que participaron dos embarcaciones de prácticos y cinco remolcadores.
(máis…)

Guerra e Gas Natural: a invasión israelí de Gaza e dos campos mariños de gas

Domingo, 11. Xaneiro 2009 von reganosa

Interesante artigo que trata da posible relación entre a xenocida ofensiva de Israel en Gaza e a xeopolítica do gas. Está en inglés mais paga a pena o esforzo…

O gas, o gas…

Guerra e Gas Natural

Gaseiro nº 39

Sábado, 10. Xaneiro 2009 von reganosa

URXENTE CONVOCATORIA do Comité Cidadán de Emerxencia:

hoxe, Sábado 10 de Xaneiro, ás 7 da tarde CONCENTRACION
Diante do Edif. da Xunta de Galicia Praza Amada García – Praza España – Ferrol
pola entrada do 39º gaseiro cargado de GNL para Reganosa
Características do buque: “LNG Maersk Ras Laffan” - bandeira danesa - Eslora 278 m

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll