Valor e prezo…

Mércores, 25. Xuño 2008 von reganosa

Polo seu interese reproducimos un artigo de Mariano Marzo aparecido hoxe no xornal “La vanguardia”.

valor prezo

EL PETRÓLEO NO ESTÁ CARO

Mariano Marzo - Barcelona – La Vanguardia 24/6/2008

Es realmente caro un barril de crudo a 130 dólares? Para responder sugiero aparcar ideas preconcebidas y hacer cuentas. Un barril contiene unos 159 litros, lo que significa que al precio arriba indicado un litro de crudo saldría por 0,82 dólares, o 0,53 euros según una relación euro-dólar de 1,54. Ahora dense una vuelta por el supermercado más próximo. En el que yo he visitado, el litro de Coca-Cola costaba 0,62 euros, el de agua 0,29 y el de leche 0,9 euros. Así pues, un litro de crudo vale aproximadamente el doble que uno de agua embotellada, pero un 14,5% y un 41% más barato que uno de Coca-Cola y de leche.

Los números cambian si, en vez del precio de un litro de crudo, consideramos la gasolina y el diesel, los derivados del petróleo más familiares para los consumidores. Lógicamente, el precio final de ambos productos se obtiene sumando al precio de la materia prima - que viene a representar entre el 32% y el 40,5% de la factura que pagamos en el surtidor, según consideremos el caso de la gasolina SP 95 o el diesel, respectivamente- otros conceptos. Entre estos están los costes fijos de logística y comercialización, los de amortización y los relacionados con los márgenes de minoristas y mayoristas, que en conjunto totalizan el 14% y el 15,5% del precio final. A todo esto hay que sumar los inevitables impuestos y el IVA, que representan alrededor del 52,6% del precio final en el caso de la gasolina y el 45,6% en el caso del diesel.

(máis…)

Encontro Social Alternativo ao Petróleo (ESAP)

Sábado, 21. Xuño 2008 von reganosa

O dia 27 deste mes comeza o Foro Social Alternativo ao Petróleo en Madrid:

+ info: http://www.nomassangreporpetroleo.org/site/ 
esap.jpg

Para los hijos de tus hijos

Sábado, 21. Xuño 2008 von reganosa

Recentemente estamos a ver impactantes campañas publicitarias das grandes enerxéticas que anticipándose ao que o cidadán empeza a percibir están a dulcificar o que poden todo o relacionado coas súas, en moitos casos, dubidosas actividades e coa crise enerxética que se empeza a facer patente na suba de prezos de alimentos e combustibles.

Mais tamén temos contracampañas como a aparecida en www.paraloshijosdetushijos.org que tenta desmontar a feita recentemente pola empresa Endesa.

Ao mesmo tempo aparece o  boletín ASPO xuño 2008   que fixa en 85,3 Mb/d o pico máximo de producción global incluida unha revisión para o gas natural para este ano e destaca a baixada da producción de un  7% no Reino Unido, o descenso da producción de Rusia e a escalada dun 40% no mercado de armamento entre outras cousas. Mais info  crisisenergetica.org

Hoxe mani pola Ria do Burgo

Sábado, 21. Xuño 2008 von reganosa

Marcha contra o complexo de Celulosas: ¡Peche Xa!

Luns, 16. Xuño 2008 von reganosa

manifestacion contra ENCEUn ano mais a CNT marchou sobre a fábrica de Celulosas de Pontevedra.

A manifestación convocada pola Asociacion Pola Defensa da Ría partiu dende as alamedas de Marín e Pontevedra con representación do sindicato en ambalas duas marchas que confluiron fronte a fabrica. (máis…)

Non hai enerxía que chegue

Venres, 13. Xuño 2008 von reganosa

O debate está na rúa… Os prezos dos alimentos encarécense, multiplícanse as folgas de transportistas, pescadores e agricultores e aparecen revoltas pola carestía dos alimentos básicos. Este transo común que vivimos no día a día quen nos atopamos no chamado “primeiro mundo” fai que a miúdo non alcancemos a ver cal é o problema de fondo nin  as verdadeiras implicacións dun xesto tan simple como acender a luz, o coche ou o teléfono móbil.

O constante aumento dos prezos da enerxía está pondo en serios apuros a un sistema económico empeñado en crecer constantemente dentro dun mundo finito. Un sistema que se ve abocado ao seu fin se non se atopa axiña unha solución que conteña a demanda de recursos e o malgasto.

Hai quen pensa que a crise da EEE (enerxía, ecoloxía, economía) terá solución dentro do sistema. Xa sexa por un descubrimento científico ou tecnolóxico milagroso, xa sexa por unha autorregulación do mesmo.

No primeiro caso non existe, polo momento, ningunha posibilidade de encanamento real que a ciencia e a tecnoloxía a día de hoxe poidan achegar para superar as máis que evidentes dificultades polas que estamos a pasar. Poño algúns exemplos.

No momento actual existen unhas 450 centrais nucleares no mundo. Para substituír a metade das enerxías fósiles que se consumen sería necesario crear unhas 3000 novas centrais nucleares nun período de tempo relativamente curto. Deixando de lado a inmensa cantidade de enerxía e recursos que isto suporía, na actualidade queda uranio para alimentar as necesidades das nucleares existentes por uns 50 anos. Con 3000 novas nucleares, para canto tempo quedaría?. Iso por non falar do problema non resolto dos residuos e do importante incremento de risco de accidente co espallamento por todo o planeta de 3000 novas nucleares. Ademais, o prezo dos recursos en xeral e do uranio en particular están sufrindo espectaculares alzas nos mercados debido a que en moitos casos como o do petróleo ou o gas estase chegando ou se chegou xa ao pico máximo de produción. Aínda por riba sería necesario convertir unha boa parte dos motores de combustión do transporte e doutras máquinas en motores eléctricos o que supón un “plan renove”  de tal magnitude que incrementariamos de forma exponencial o consumo de moitos recursos que xa son escasos.
[+] Seguir lendo

Planta de gas: Nin dentro nin fora !

Luns, 09. Xuño 2008 von reganosa

faixa do bloco.jpg

Próximas movilizazóns

Venres, 06. Xuño 2008 von reganosa

- Ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentrazón cacerolada ó sábado, 7 de Xuño, as 19:00 hrs. diante do edificio da Xunta na Praza de España. Logo se partirá en manifestazón ate o Concello onde hai xente do comité fechada.

- Con motivo das novas ameazas de R€GANO$A ( voadura da canle, duplicazón da capacidade e saída de camións cisterna) o CCE convoca unha manifestazón o Domingo 8 de Xuño, ás 12:00 hrs. no porto. @s libertari@s participaremos, xunto con outros grupos e organizazóns opositores á planta de gas en calqueira ubicazón, nun bloco cuio lema será: “Planta de gas, nin dentro nin fora. Outro módelo enerxético é posibel”.

Nova manipulación informativa de La Voz de Reganosa

Venres, 06. Xuño 2008 von reganosa

Recebemos no noso correo a seguinte informazón de man da AAVV Fontelonga:

Ven de producirse unha nova sentenza do TSXG contraria a Reganosa e xa é a terceira. Esta sentenza se produce un día antes de que entre un novo gaseiro ilegal e dous días antes da multitudiaria manifestación que se vai producir o domingo día 8 de xuño convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, tres días despois de que veciños e veciñas de Ferrol estean pechados no Concello para defende-la vida, a ría, o marisqueo e o patrimonio. Días despois de que Reganosa estivese presentando o seu chamado Plan de Emerxencia por todo o Estado para facer un lavado de cara.

Pois para La Voz de Reganosa a noticia aparece escondida nas páxinas locais de Ferrol e no apartado de Comarcas e a palabra Reganosa non aparece no encabezamento da noticia e ó longo da mesma aparece unha vez e para argumentar o recurso de Reganosa ó Tribunal Supremo.

Continúa o rigor informativo e a transmisión da verdade da que ven facendo gala La Voz de Reganosa e sobre todo a Delegación de Ferrol que dirixe Miguel Angel Souto.
Non aparece nas páxinas de Galicia nin nas páxinas de Economía , aparece na edición local e en comarcas.

Absolutamente noxento.

El TSXG dice que la reforma del plan mugardés debió incluir trámite de impacto ambiental (máis…)

Mentres tanto, unha de asemblearismo.

Xoves, 05. Xuño 2008 von reganosa

Reproducimos este texto que apareceu no blog do pequeno mounstro da radio filispím. Igual pode ser útil para alguén…

(máis…)

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll