Este texto foi tirado da web da plataforma Artabra 21 e redactado por F-Cape
NOVAS INEXACTITUDES DE “LA VOZ DE GALICIA“
Remítennos un artigo sobre Reganosa, publicado hoxe en “La Voz de Galicia“, para comentalo. Está escrito, por B. Couce e contén unha valoración tergiversada sobre a produción de gas natural por as plántas regasificadoras españolas durante o mes de abril. A interpretación basta que se fai dun informe de Enagás de data 21 de maio de 2008 parece indicar que Reganosa ten un papel destacado no conxunto do estado español. Nada máis lonxe da realidade.
[ver o artigo en: http://www.lavozdegalicia.es] (máis…)
Tirado da web www.cntgaliza.org
Hoxe, às 12,30 da mañán partiu a manifestación desde a Praza da Estrela até o porto de Bouzas, sumando-se no percurso varios miles de persoas que coreaban consignas contra o Plan Xeral e contra os recheios que se pretenden facer no porto de Vigo ( máis de 230.000 m2) que non significa outra cousa que a privatización dun espazo público que é de todos e todas. (máis…)
Este artigo foi publicado en Fevreiro na páxina www.galizanonsevende.org
Durante anos berrouse polo traslado da celulosa da ría de Pontevedra. O traslado non resolve o problema, desprázao.
Un informe das Nacións Unidas califica a obtención de pasta de celulosa como unha das cinco actividades industriais máis contaminantes do planeta. A xuizo dos expertos as plantas de celulosa liberan produtos de alta persistencia no ambiente (os organoclorados, principalmente) e potencialmente canceríxenos. A española Ence (de orixe española) e a finlandesa Botnia teñen sobrados antecedentes nesta materia. A fábrica de Ence en Pontevedra foi creada hai 50 anos polo ditador Franco xustificándoa como un paso no progreso e desenvolvemento industrial do país. Argumentacións que hoxe se repiten para vencer as resistencias que a cidadanía presenta ante a instalacion doutras industrias altamente contaminantes, perigosas e innecesarias: piscifactorias, planta de gas, plan eólico, minas en paraxes naturais, urbanismo salvaxe… (máis…)
Hai uns días recolliamos un interesante artigo de Miguel Angel Llana, tirado da web www.lahaine.org, sobre a regasificadora de El Musel, en Xixón.
Agora recollemos outro artigo de Miguel na mesma web, desta volta sobre a regasificadora de Mugardos. E dí así:
La Regasificadora de Mugardos en la ría de Ferrol: historia de una ilegalidad premeditada e impune, y de un delito
Son las organizaciones sociales las que se enfrentan a las instituciones y a los partidos políticos que dicen ser y se consideran sus representantes
Reganosa es una planta regasificadora de Gas Natural Licuado, GNL, situada en Mugardos, al fondo de la ría de Ferrol. Los buques de GNL han de hacer un recorrido por la ría de cinco km hasta Mugardos, pero en toda la ría sólo 150 metros de ancho tienen calado suficiente para este tipo de buques. La entrada sólo puede realizarse a una hora determinada de la pleamar y con mar y viento en calma. El barco es conducido, de modo casi acrobático, por cuatro remolcadores, dos tiran del gasero por la proa hacia el interior de la ría y otros dos en la popa tiran en sentido contrario para retener y servir de timón al barco impidiendo que se atraviese o encalle. Estos barcos tienen una manga de 50 metros y la normativa exige que el canal navegable ha de tener de ancho, como mínimo, cinco veces la manga, es decir, 250 metros, mientras que la sinuosa ría de Ferrol sólo tiene 150 m como más arriba se dice. (máis…)
9 de maio, ás 6 da tarde, (aniversario da entrada na nosa Ría do primeiro buque cargado de GNL) Concentración fronte ao Edificio da Xunta (Praza de España) Para iniciar un percorrido polas distintas sedes dos accionistas de REGANOSA, que poña de manifesto ante a poboación, quen son e en que proporción os responsables do poder económico desta Sociedade e a súa responsabilidade nesta agresión permanente a vida dos habitantes de Ferrolterra, ao seu patrimonio e á riqueza de ría.
Tirado da web do comité: www.comitecidadan.org
