UNHA LOITA SOSTIBLE?

Venres, 29. Febreiro 2008 von reganosa

Este interesante artigo do noso compañeiro Eliseo Fernández foi recentemente publicado pola revista Renderén (http://renderen0.blogspot.com), no seu primeiro número monográfico adicado á “Falacia da sustentabilidade”. Neste número tamén recollen outro artigo publicado neste blogue con anterioridade, “O futuro da loita contra Reganoxo: Cara onde imos?”. Podes acadar algún exemplar desta nova publicazón no local do Espazo Libertario (Avda. De Esteiro, 10 – baixo).

——————————————————————————————————————-

O modelo económico-social que padecemos está baseado no crecemento económico indefinido. Sobre a premisa dese crecemento continuo da economía constrúese tanto o noso relativo “benestar” como a miseria da maior parte da humanidade. Este modelo é tan vello como o propio sistema capitalista; ao cabo, o que agora estamos vendo é, cada vez máis, a súa absoluta irracionalidade. (máis…)

POLÍTICOS NUNCA MÁIS !!!

Xoves, 28. Febreiro 2008 von reganosa

Mañán día 28 de febreiro os opositores a Reganosa estaremos na entrada do Carvalho Calero para recibir a Quintana, Paco Rodriguez e outros do BN Gas

Comentario: pedro padron – 28. Febreiro 2008 @ 2:23 am

Goberne quen Goberne: Galiza non se vende !

9M - ABSTENZÓN ACTIVA !

UNIÓN, ACZÓN, AUTOXESTÓN !

Valadiños de silencio virtual

Venres, 15. Febreiro 2008 von reganosa

Entro na páxina do Comité Cidadán de Emerxencia e observo que a única páxina do movimento e oposizón á regasificadora que non está ligada é a nosa: www.reganosademolizon.org
Entro na páxina de Fuco Buxán e vexo unha enquisa, a pregunta: Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas ? (máis…)

Ferrolterra (reconversión 2.0)

Xoves, 14. Febreiro 2008 von reganosa

Hai  anos que tomaron a decisón, dende altas esferas de poder, de sacrificaren a ría de Ferrol en prol do desenvolvimento industrial da Galiza, o que para nós, na nosa condizón de traballador*s autócton*s, implica convertí-la ría no sumidoiro industrial do Noroeste e destruí-la definitivamente. Esta decisón está comezando a dá-los “seus froitos”: unha siderometarúrxica, dúas cementeiras, unha petroquímica, unha planta de gas, catro de agrocombustiveis… amais dun porto exterior condenado ao fracaso, varios poligonos industriais, corredores e autovías infrautilizados… todas industrias contamiñantes e destructoras da terra que reportan ben poucos postos de traballo estabel, a pesar de que este é o principal argumento esgrimido na súa defensa. (máis…)

Manifestacion

Mércores, 13. Febreiro 2008 von reganosa

Finou Carmelo

Mércores, 06. Febreiro 2008 von reganosa

Sen dúbida, un momento triste para os que nos opoñemos á planta de gas.
destaco a nova publicada polo Comité.

O Comité Cidadán de Emerxencia quere manifestar o seu máis fondo pesar polo falecemento do seu Coordinador Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as súas condolencias á familia e amigos.

Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.

Todas as persoas que queiran renderlle unha homenaxe, poderán facelo acompañándoo na súa despedida

mañá mércores día 6 as 18:00 no cemiterio de Catabois

Velatorio : Tanatorio Artabria - (A Gándara - Ferrol)

Que a terra lle sexa leve.

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll