Seguindo esa tradizón tan galaica de respostar cunha pregunta, que tanto Aymerich como Pillado practican facendo gala, ambos, dunha capacidade demagóxica á altura das súas respeitivas carreiras políticas, quero eu aportar a miña visón sobre as “catro verdades…” do primeiro e a “mentira histórica” do segundo.Por iso deixo as seguintes cuestón no ar ate que Pillado ou calquer outro, entre aqueles que defenden a planta de gas, xa sexa en Caneliñas ou en Punta Promontoiro, queira respostá-las: (máis…)
Este artigo tiña que ter sido publicado con anterrioridade, obviamente non puido ser…
No vrao do presente ano, tras oito longos anos de loita legal contra Reganosa, Fuco Buxán, asociazón cultural integrada no Comité Cidadán de Emerxencia, publicou o libro “ Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ria de Ferrol. El caso Reganosa.” que supón un pormenorizado repaso por todo o acontecido ate aquel momento.
Dende o ano 2000, a movilizazón popular corría a cargo do Comité, que, fiel a súa concepzón legalista do conflicto, limitouse a plantexar doce contenciosos contra a empresa e organizar unhas cantas protestas puntuais “de reforzo”. Estas denuncias, ate o de agora, non tiveron máis froito que o de evidenciá-lo alto grao de corrupzón existente neste caso concreto, a todolos niveis e en todolos ámbitos da nosa sociedade.
O exposto neste livro invitame a fazer unha reflexón sobre a corrupzón, total, do noso sistema: Son moitas as vontades compradas, son moitos os campos no que os poderes incumpren a súa propia legalidade e, mesmo na maioría dos casos, a legalidade vixente é un obstáculo para a xustiza social. Inda no caso suposto de que o poder xudicial manifestase reiteradamente a “legalidade” da planta a xustiza social (con maiúsculas) clamaría polo seu feche.
@s mariscadores/as racharon esta tónica legalista coa parada do Galicia Spirit en defensa dos seus intereses colectivos. Perante a súa escandalosa e reiterada rebeldía e os enormes gastos económicos que isto supuña para o consorcio, as autoridades decidiron impedir pola forza que o bloqueo da ría continuáse, e logo sentaron a negociar as reivindicazóns, estrictamente laborais, do colectivo.
Hai cousas que non teñen precio…

Para todo o demais…
Best Western Premier Carrefour De L’europe (4 estrellas) Bruselas
Grasmarkt 110 Bruselas

64 elegantes habitaciones Business, Executive y suites Deluxe equipadas con todo el confort actual. El hotel también cuenta con un bar en el vestíbulo

Ofrece un centro de negocios con todo tipo de equipamiento de oficina, conexión inalámbrica a internet y acceso al correo, servicio de habitaciones 24 horas

Desayuno en la habitación, Servicio de planchado, Servicios de internet, Ascensor, Caja fuerte, Cambio de divisas, Tiendas de regalo/souvenir, Habitaciones insonorizadas, Limpiabotas…
Categoría: 4 estrellas
Precio minimum: € 99,00
19 de Novembro
@S LIBERTARI@S E A LOITA CONTRA REGANOSA
A DEMOLIZÓN: O ÚNICO XEITO DE CONSTRUIR FUTURO.
@s libertari@s opoñémonos á planta de gas, nacida da nefasta conivencia entre un empresario falto de escrúpulos, que viu unha oportunidade de negocio na construción en terreos de dominio público marítimo terrestre dunhas instalacións para as que non tiña a preceptiva autorización nin podería cumprir os requisitos legais para obtelos e unha administración corrupta ou ineficaz, que en vez de pórlle freo a esta ilegalidade decidiu facerse cómplice, evitando que tivera que someterse a Avaliación de Impacto Ambiental (que tería que considerar emprazamentos alternativos, o que descartaría o actual), participando nas inversións, construíndolle os accesos e mesmo aportando os mecanismos de intimidación do Estado para reprimir duramente protestas lexítimas, e pola falla de mecanismos de participación eficaces que permitan a implicación directa d@s afectad@s na toma de decisións que lles atinxen. E xustificamos a nosa oposición por: (máis…)
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na súa última reunión da Mesa de Traballo decideu convocar a XVII Asemblea Cidadá, para o vindeiro mércores, 7 de novembro de 2007, ás 19:30 hrs nos locais do Ateneo Ferrolán.
Pasou moito tempo desde a última Asemblea Celebrada nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, para preparar a Manifestación do pasado 30 de Setembro. polo que hai asuntos que son necesarios tratar, como a análise do estado da situación actual; como está o peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos, pasados máis de 100 días desde o 23 de xullo; a visita de técnicos doutras terminais regasificadoras situadas en diferentes países do mundo; as visitas escolares á planta con fins propagandísticos; o pelotazo urbanístico coas parcelas onde se localiza a planta; a finalización da acta de funcionamento en probas; a entrada do noveno buque gaseiro pola noite con apenas visibilidade; os apoios sindicais e de intelectuais e profesionais; a consulta ao CNE; as respostas do Alcalde de Mugardos ás solicitudes da Subdelegación do Goberno da Coruña; as novas proposta de mobilizacións; …