Domingo, 28. Outubro 2007 von reganosa
Se fai uns dias podiamos leer no folleto propagandistico de reganosa un extenso artigo onde cargaban tintas contra as pintadas contrarias a planta de gas, misturandoas eso si, con simples actos vandalicos, na edicion de onte voltaron ao mesmo, pero non con un so artigo, si non con tres.
Este “repentino” interese polo mobiliario urban, so pode ser entendido como unha campaña contra os opositores da pranta de gas, o que antes agocharon e nunca publicaron, agora aparece por todos os muros da cidade de maneira imparable. Non sera raro que nas proximas semans, comenze a caceria de garfiteros e a sangria das multas, xa e sabe que cando a prensa apunta, a policia…
fontes:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2007/10/26/manana/index.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2007/10/26/0003_6260889.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2007/10/26/0003_6262716.htm
Sábado, 27. Outubro 2007 von reganosa
Sábado, 27. Outubro 2007 von reganosa

O vindeiro domingo día 28 de Outubro ás 18:30, no concello de Mugardos, actuarán, en solidariedade cos veciños pechados en protesta pola localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol, BURLA NEGRA.
Invitámosvos a tod@s a gozar con estes artistas que solidariamente acoden a apoiar a nosa causa.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ VENCEREMOS !!!!!!!!!!!!!
Mércores, 24. Outubro 2007 von reganosa
Martes, 23. Outubro 2007 von reganosa
Grafiteando nos muros de silencio.
Ultimamente veño escoitando que, dentro do movimento de oposizón a planta de gas, hai quen está molest@ pola proliferazón de pintadas relativas ao conflicto.
Como autor dalgunha destas quero expoñer os motivos polos cais penso continuar manifestando a miña oposizón tallante a planta deste xeito.
Dende o primeiro momento desta loita, hai xa oito anos, vimos observando a total desinformazón, cando non manipulazón, dos meios de comunicazón “oficiais” a este respecto. Probablemente algun/ha d@s que agora se queixan das pintadas tamén esté molest@ con esta atitude dos meios. Son precisamente esta desinformazón e esta manipulazón as que nos obrigan a difundir esta loita por todos os meios ao noso alcance, que son bastante escasos se os comparamos cos do accionariado de Reganosa.
Entre @s opositor@s a regasificadora estamos unha morea de xente que vimos doutras loitas e que sabemos o que podemos agardar dos meios de comunicazón: mentiras e silencio. Estes somos @s que non agardamos sair na prensa ou na tele, cando voltamos da concentrazón non imos correndo a vé-lo noticiario mentres ceamos, senón que voltamos tarde a casa despois de patear as rúas tentando contrarrestar a propaganda do inimigo, a risco de seren multad@s por isto.
Hai outr@s que veñen, sen embargo, de partidos e “movimentos” completamente institucionalizados, que manteñen unha imposible fé cega na vía legalista, son @s que pensan que será a xustiza (a instituzón, claro está) a que finalmente nos dará a razón. Son @s que comulgan cos politicuchos locais do P$O€ que aseguran que “o que precisa Ferrol son as rúas limpas”. Son @s que agardan que a direczón de “La voz” recapacite e mude a súa política des-informativa con respecto ao caso. A eficacia destes plantexamentos é completamente cuestionabel. Nesta democracia de postal, nesta ditadura capitalista sempre prevalecerán os intereses d@s capitalistas. Sempre prevalecerán a súa “verdade” e a súa “xustiza”, por moitas roldas de prensa que demos ou por moitos recursos que interpoñamos ante as diferentes administrazóns.
Sen embargo, a eficacia da propaganda na rúa é innegable. Cartaceis, pancartas, pegatinas, panfletos, pintadas e murais cumplen a súa funzón (informan e movilizan) do mesmo modo que a informazón que pulula na rede fai mella na xente a que chega. De facto, é máis probabel que alguén se entere deste conflicto por estes meios que non polos “oficiais”. En definitiva: as paredes falan o que os meios calan. (máis…)
Martes, 23. Outubro 2007 von reganosa
Parece ser que tojeiro deu orden a os seus cipayos da voz de galicia, para que carguen tintas contra o aumento considerable de pintadas contra a planta de gas, que pouco a pouco van extendendose de un barrio a outro, denunciando na rua o que os caciques calan a cambio de inxentes ingresos por publicidade
Esta foi a nova que publicaron hoxe:
Crece la aparición de pintadas en numerosas calles de la ciudad
Muchas son de contenido político o reivindicativo y afectan sobre todo al centro
Autor:
Xosé V. Gago
Fecha de publicación:
22/10/2007
Las pintadas vuelven a inundar las calles de Ferrol. Siempre las hubo, pero esta forma de vandalismo urbano ha repuntado durante el último año. No se trata de un problema pequeño, sumado a los destrozos en el mobiliario urbano y a otras formas de vandalismo, cuesta al Ayuntamiento cerca de 250.000 euros cada año.
La zona de la ciudad más castigada por los grafitos es sin duda el centro. Las pintadas se acumulan en el Cantón, en los comercios vacíos del barrio de A Magdalena, en Irmandiños, en la plaza de Amboage… Pero sobre todo las hay, y muchas, en Ferrol Vello, que va camino de parecer un cromo.
Pero no son los únicos lugares, ni mucho menos, hay pintadas incluso en las medianas de hormigón del acceso norte. Las únicas paredes que parecen inmunes a esta lacra son las del Arsenal, quizá sea por la vigilancia continuada de las mismas.
¿Qué dicen las pintadas? De todo. Unas cuatro de cada diez aproximadamente son simples firmas o símbolos incomprensibles. Otras, dos de cada diez, son mensajes simples, desde declaraciones de amor (de las que cada vez se ven menos) a intercambios de insultos, acontecimientos personales (desde bodas a mudanzas) o tonterías como: «No tía, de setas».
(máis…)
Martes, 23. Outubro 2007 von reganosa

A foto e real, non hai ningun trucaxe.
extraido de: http://artritris.blogspot.com/
Martes, 23. Outubro 2007 von reganosa

ACTUACIÓN NO CONCELLO DE MUGARDOS CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE
O martes día 23 de outubro ás 19:30 horas, actuarán Fran Rey ao piano e Germán Lamas, voz e Luis Cuba no baixo, solidarizándose deste xeito cos veciños e veciñas pechadas desde hai xa 3 meses no concello de Mugardos, en protesta pola localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.
Agradecendo a todos e todas a vosa presenza enviámosvos un cordial saúdo.
VENCEREMOS
PLANTA DA GAS FORA DA RÍA
grazas, unha aperta
PLATAFORMA VECIÑAL “O CRUCEIRO DE MEÁ”
Xoves, 18. Outubro 2007 von reganosa
Xoves, 18. Outubro 2007 von reganosa
[GZnación / Redacción / 17 Out 07]
Con motivo da visita de directivos de diversas regasificadoras á planta de Mugardos, medio cento de representantes do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol se manifestaon, vestidos con monos brancos e máscaras de protección, fronte ao hotel onde tiñan previsto reunirse os representantes de máis dunha trintena de regasificadoras.
Pese a que finalmente a xuntanza non tivo lugar no hotel os membros do Comité permaneceron arredor de media hora ante o hotel sostendo as pancartas co lema ‘Planta de gas, fóra da ría’, coas que reclaman o traslado da instalación ao porto exterior.
O portavoz do Comité, Humberto Fidalgo, insistiu en que Reganosa é “ilegal”e asegurou que a intención dos manifestantes era mostrar a súa “oposición á planta de gas diante de todos os representantes que veñen doutras plantas para dicirlles onde non se debe pór unha regasificadora e como non se debe xestionar”.
“Imos dicirlles que este é o sitio máis perigoso de todos os posibles para instalar unha planta de gas”, subliñou Fidalgo, quen engadiu que Reganosa está a funcionar, en fase de probas, “simplemente grazas a un acordo político” e con “política de feitos consumados”.
Xoves, 18. Outubro 2007 von reganosa
Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 `persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o Cádiz Knusten” que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta.
Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade.
Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático, lles foran suficintes, forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria.
Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais o noso alcance - pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol.
¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!
Ferrol, 16 de Outubro de 2007
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Xoves, 18. Outubro 2007 von reganosa
Un pouquiño…

…de humor
Mércores, 17. Outubro 2007 von reganosa
Nos últimos días o prezo do petróleo non para de subir e subir superando unha e outra vez a súa marca histórica que a día de hoxe xa está moi próxima aos 90 dólares o barril. E o gas tamén subindo, lonxe aínda dos 9 dólares pero por riba xa dos 7, cando certas previsións falaban dos 5 dólares para o 2020.
As razóns desta situación son variadas e nos medios aparecen diversos motivos que cambian día a día. Nuns casos son cuestións xeopolíticas. A tensión na fronteira Iraq - Turquía, ou con Irán pola cuestión nuclear, ou en Afganistán, Palestina… Tamén económicas. A inflación, a baixada do dólar, o déficit ou o paro en EEUU… As meteorolóxicas, tal ou cal tifón ou tormenta tropical que pode comprometer a produción de tal planta.. Finalmente, tamén vemos as relacionadas coa propia dinámica da produción e demanda petroleira. Que a OPEP fai previsións de incremento da demanda mundial para o vindeiro ano, ou que as reservas de EEUU baixaron…
Cada vez máis temos a sensación de que a cuestión enerxética é un barco á deriva. Calquera cuestión pode facer que os prezos suban e suban. E, independentemente das razóns puntuais, hoxe máis que nunca a inestabilidade do sector é diaria, xa que existen múltiples factores que a pouco que se alteren ou modifiquen disparan as alarmas. Lonxe quedan xa os plácidos tempos nos que o prezo do cru se conformaba con moverse na franxa dos 35 e 45 dólares. Mais non tan lonxe. Podemos mirar cinco ou seis anos atrás.
Non será que o que está a acontecer, que esta hipersensibilidade dos mercados enerxéticos está directamente relacionada coa aproximación do cénit de produción que se ven anunciando por científicos de todo o mundo para finais desta década. Non será tamén que o mundo suspende en sustentabilidade mentres baseamos a nosa sociedade nun modelo de crecemento exponencial contra uns recursos finitos.
Sería hora pois de abrir os ollos e afrontar este gran problema antes de que sexa tarde. Ou facemos o problema sostible procurando iniciativas de autoxestión, apoio mutuo, cooperación, consumo local, reutilización, reciclaxe, eficiencia e aforro; ou apreciaremos nas nosas carnes as consecuencias directas deste modelo insostible de crecemento.
Martes, 16. Outubro 2007 von reganosa
Hoxe Martes 16 de Outubro, o gaseiro non pudo acceder ó interior da Ría de Ferrol, por facerse imposible a navegación na mesma por estar pechada de néboa.
O que por si mesmo denuncia o engano que pretende Reganosa, cando nos dí que con modernos GPS podese entrar e sair da ría sen problemas.
Este feito ratifica as posicións mantidas polo Comité Cidadán, da singularidade da Ría de Ferrol e da ameaza que supón para a población a ubicación da Planta de Reganosa no interior da Ría, e a entrada de gaseiros. Plantexando ás Administracións competentes que non deben otorgar a licencia de explotación comercial á Planta. E asemade suspende-la entrada ilegal dos buques gaseiros cargados de GNL.
O Comité Cidadán de Emerxencia, CONVOCA A TODA A CIDADANÍA , para ás 7 desta tarde no Peirao de Curuxeiras, para desenvolver unha cacerolada de protesta contra a ilegal e perigosa entrada do “Cádiz Knutsen”.
Domingo, 14. Outubro 2007 von reganosa
En reunión celebrada hoxe 13 de outubro o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou dirixir a cidadanía a seguinte convocatoria:
CONCENTRACION - CAZOLADA
Martes 16 de Outubro, ás 8 da mañá no Porto de Ferrol
Para rexeitar a entrada na nosa ría dún novo gaseiro,“Cádiz Knutsen”, cara a ilegal e perigosa Planta de Gas,que arribará coa primeira pleamar diurna ás 8,15 horas,
Sobre ás 9 da mañá, a protesta trasladaráse ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Plaza de España.
é importante asistir con elementos de percusión, camisetas, bandeiras, buzos blancos, ….
Unha vez máis estase a poñer en perigo as nosas vidas, a riqueza da nosa ría e os seus postos de traballo, polo inadecuado asentamento dunha Planta incapaz de cumplir os condicionados legais de seguridade.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
Características do Buque: “Cádiz Knutsen”, Buque metanero de Unión FENOSA Gas. Construido en IZAR Puerto Real (Cádiz)Eslora: 284,40 m. Manga: 42,50 m. calado: 11,33 m. Capacidad: 138.000 m3 de GNL, Velocidad: 19,5 nudos.Tripulación: 40 persoas.
Domingo, 14. Outubro 2007 von reganosa
A situación enerxética mundial complícase cada día que pasa debido ao aumento constante da demanda fronte á aparición dos primeiros síntomas do declinar produtivo por imperativo xeolóxico, ou o que é o mesmo, polo “peak oil & gas” ou pico de produción enerxética, tamén coñecido como Pico de Hubert.
A administración americana mantense ben informada desta realidade e por iso expande as súas actividades bélicas polo mundo co fin de tomar control sobre estes recursos estratéxicos.
Un bo exemplo deste tipo de informes é o emitido no ano 2000 pola “Energy Information Administration” (EIA) do departamento de enerxía do goberno de EEUU no que se fan diversas proxeccións sobre a evolución dos prezos e a produción do gas en distintos escenarios de esgotamento do recurso ata o ano 2020.
Como anécdota, comentar que as predicións de 5 dólares para o ano 2020 xa se excederon con fartura na actualidade.
Podedes ollar o informe completo en:
Informe sobre o gas da EIA