Da páxina da plataforma artabra 21
Unha das plantas de biodiesel localizadas no Porto Exterior de Ferrol, Entabán Biocombustibles, verte á Ría máis de 10.000 litros de “glicerina”, segundo a Autoridade Portuaria. O mesmo organismo, en declaracións á Radio Galega, considera o verquido “non contaminante” e que xa despregaron os dispositivos “anticontaminación”, colocando barreiras na Ría, para evitar a súa dispersión. Mais o temporal que xa está chegando á Ría vai probocar un desenlace crítico e de novo, a nosa Ría, vai recebir unha nova agresión con este verquido. Compre estar atent@s e levar un seguimento deste accidente, das súas causas, consecuencias e responsabilidades. As organizacións ambientalistas e ecoloxistas da comarca deberían xuntar-se para avaliar o sucedido e actuar en consecuencia.
A conta da crise Caixa Galicia quere vendernos a panácea dos cultivos “ecolóxicos” para agrocombustiveis na Galiza. Nós xa sabemos o que suporían estas plantacións de terreos baldíos de cereais para agrocombustiveis: Pan para hoxe e fame para mañá. Solventar unha crise económica incidindo na crise alimentaria e ecolóxica non semella un ” bon negocio”.
Namentres, Entabán saca a súa primeira carga de biodiésel, por vía marítima, dende o porto de Caneliñas. (máis…)