[RGNSV] MANIFESTO CONTRA OS LUMES FORESTAIS

Domingo, 05. Setembro 2010 von reganosa

Tirado de galizanonsevende.org:

Este ano 2010, como todos os das últimas décadas, volve ser negro para os montes galegos, e mesmo tráxico, coa morte de dous traballadores da loita contra o lume.

Galiza perdeu o bosque orixinario que a cubría enteira. Perdeuno século a século, co avance da agricultura e da gandeiría, como ocorreu en casi todo o mundo. Daquel bosque quedan, tan só, algúns vestixios. Sen embargo, as árbores ocupan dous terzos do territorio galego. (máis…)

O PORTO DE VIGO TENTA SIMULAR LEGALIDADE AMBIENTAL

Martes, 17. Agosto 2010 von reganosa

Tirado de galizanonsevende.org:

A autoridade portuaria de Vigo (APV) ven de sacar a concurso o estudo de impacto ambiental de catro actuacións portuarias nas zonas de Bouzas e o Berbés que implican recheos de 95.000 m2, superficie equivalente a máis de 10 campos de fútbol. (máis…)

Touriño: “Galiza non se Vende xera inmobilismo”

Venres, 23. Xullo 2010 von reganosa

Tirado de galiciahoxe.com:

O ex presidente da Xunta carga contra Galiza non se Vende por xerar “inmobilismo” no electorado ·· Ve “curioso” este grupo “fronte ó Goberno que estaba aprobando a norma de maior transcendencia na historia da comunidade”

O ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño criticou onte o pensamento de esquerdas que se sitúa “en posicións defensivas” e que corre “o risco” de xerar “inmobilismo”, exemplificando coa postura que adoptou a plataforma Galiza non se vende fronte á norma de protección da costa impulsada na pasada lexislatura. (máis…)

[Cangas] Sábado 29 de maio roteiro botánico no Salgueirón, xantar popular e limpeza do C.S

Venres, 28. Maio 2010 von reganosa

Temos novas sobre as actividades do novo Centro Social Okupado no Salgueirón, tiradas de salvemososalgueiron.blogaliza.org:

Este sábado 29 de maio terá lugar un ROTEIRO BOTÁNICO polo Salgueirón. A actividade comezará ás 11:00 da mañá fronte á torre de Massó e rematará ás 13:00 horas. O roteiro, de dificultade baixa, abrangue dende o Salgueirón até o espazo natural de Punta Balea e estará guiado por David Álvarez Graña do Grupo Anduriña que nos axudará a identificar e coñecer as (máis…)

O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRON RESISTE A DESALOXO VIOLENTO

Mércores, 26. Maio 2010 von reganosa

Tirado de galiza.indymedia.org:

Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo. (máis…)

Vídeo e crónica do roteiro contra a mina de andalucita en Picovello

Martes, 18. Maio 2010 von reganosa

O vídeo é realizado por nós, a crónica é tirada de galizanonsevende.org:


Os colectivos pola defensa da FRAGA DE PICO VELLO valora como un éxito o roteiro reinvindicativo que se realizou hoxe, tanto polo número de asistentes (120 en total), ós que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos distintos expertos informaron sobre diversos temas. (máis…)

Unión Libertaria participa no roteiro pola conservación da Fraga d’O Pico Vello

Venres, 14. Maio 2010 von reganosa

Unión Libertaria anima a toda a sociedade e simpatizantes a participar na marcha que varias entidades e colectivos veñen de convocar para o sábado 15 de maio pola zona de Pico Vello en Goente coa finalidade de chamar a atención sobre os serios problemas que carrexaría a instalación dunha mina de andalucita. (máis…)

Gás natural: Conselharia fechada ao dialogo

Xoves, 13. Maio 2010 von reganosa

Tirado de diarioliberdade.org:

Desde a organización ecoloxista Verdegaia vimos de reiterar por cuarta vez á consellaría da Industria, termos a posibilidade de expor nunha reunión a nosa preocupación polas políticas contaminantes e perigosas de fornecimento do gas natural en Galiza.

Estase deixando que as operadoras aforren os investimentos na construción da rede de gasodutos do país, que está sendo substituida polas chamadas Plantas Satélite Regaseificadoras (PSR) de ultrabaixo custe. (máis…)

Galiza esta-se entregando de balde

Xoves, 22. Abril 2010 von reganosa

Entrevista a un compañeiro da RGNSV no Novas da Galiza:

Biólogo, membro do colectivo vizinhal Bouzas-móvete e gaiteiro, Duarte Ferrin fala para o Novas da Galiza da rede Galiza Nom se vende, da sua luita contra as administraçons que destruem o território.

Qual é a situaçom actual do colectivo?

Bom, somos umha rede de 61 colectivos ecologistas e sociais que funciona de jeito horizontal e assembleario. Isto tem infinitas vantagens, mas também algum inconveniente, como pode ser, a pouca rapidez de resposta nalgumhas ocasions. (máis…)

A Fiscalía de Medio Ambiente denuncia a Endesa por danos causados no río Eume

Xoves, 22. Abril 2010 von reganosa

Tirado da web de Galiza Non Se Vende:

A empresa ampárase nas leis de 1942 para secar un tramo de 3,4 quilómetros do río Eume

No escrito de denuncia, o fiscal alude a un escrito elaborado polo Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e a unha denuncia interposta por “Ríos con vida”, así como a distintos informes da Xunta e a propia compañía, segundo informou a Fiscalía de Medio Ambiente. (máis…)

A electricidade producida por SOGAMA é tan sucia como a xerada nas térmicas de carbón

Xoves, 22. Abril 2010 von reganosa

Tirado da web de Galiza Non Se Vende:

A incineración de residuos urbanos, ademais de emitir contaminantes como dioxinas ou metais pesados, é unha importante fonte de dióxido de carbono (CO2), o principal dos gases de invernadoiro, causantes da mudanza climática. En Galicia, a electricidade producida por SOGAMA emite 0,83 toneladas/MWh, case tanto como a xerada a partir de carbón, o combustible fósil máis contaminante. SOGAMA, propietaria da incineradora de Cerceda, é a sexta empresa que emite máis CO2 desde Galicia. (máis…)

As centrais térmicas de carbón continúan sendo grandes fábricas de cambio climático

Xoves, 22. Abril 2010 von reganosa

Tirado da web de Galiza Non Se Vende:

En 2008, as centrais térmicas de carbón galegas xeraron menos do 30 % da electricidade, mais foron responsables do 82,4% das emisións de dióxido de carbono (CO2) do sector eléctrico en Galicia. O informe da asociación ecoloxista Verdegaia “Centrais térmicas de carbón: grandes fábricas de cambio climático(máis…)

Colectivos ecoloxistas contra a mina de andalucita

Mércores, 31. Marzo 2010 von reganosa

Tirado de galizanonsevende.org:

Os colectivos Adega, Club de Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia manifestan unha vez máis a súa absoluta oposición ao proxecto de mina de andalucita promovido pola empresa Picobello Andalucita S.L. no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume. (máis…)

Verdegaia presentou, perante do Concello de Ribeira, recurso de alzada contra a Planta Satélite de Regasificación do Monte San Alberte

Mércores, 31. Marzo 2010 von reganosa

Tirado de galizanonsevende.org:

A concesión da licencia municipal de explotación está chea de irregularidades. Verdegaia, como parte interesada, participou cun escrito de alegacións no trámite de información pública da avaliación da incidencia ambiental relacionada coas licenzas de explotación e obras da Planta Satélite de Regasificación (PSR). Avisaba, entre outras moitas cousas, da improcedencia de situar a planta nun terreo público de protección forestal, que segundo a Lei é non urbanizable de protección. A pesar disto, e cun informe do aparellador municipal, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, tamén emite autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural.O informe favorable de obra foi emitido polo aparellador municipal sobre un plano que non tiña o visado colexial. Nese informe indicase que o plano deberá visarse. Verdegaia non entende como se ditou informe favorable sen que Gas Natural tivera presentado o plano de demarcación entre zona forestal e zona do Polígono de Xarás. (máis…)

Touriñán, unha cortiña de fume para agochar a legalización de centos de construcións irregulares

Mércores, 31. Marzo 2010 von reganosa

Tirado de galizanonsevende.org:

Verdegaia denuncia que o suposto pacto da lei do solo e a falsa polémica arredor da posibilidade de instalar ou non unha piscifactoría en Touriñán non é máis que unha manobra para agochar a pretensión de facilitar a regularización de construcións ilegais anteriores a 2003.A disposición adicional terceira desta reforma permite a legalización das edificacións edificacións e construcións realizadas sen licenza ou sen a autorización autonómica preceptiva, existentes con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2003, respecto das cales a administración non tivera adoptada ningunha medida dirixida á restauración da legalidade. (máis…)

Alí estivemos, contra o Capital e o seu Progreso

Xoves, 25. Marzo 2010 von reganosa

pintada.jpg O pasado Domingo estivemos en Compostela, na mani anual que convocamos os colectivos da Rede Galiza Non Se Vende. Compañeir@s de UL, GAS, Lume Negro e individualidades anarquistas acudimos agrupad@s en torno a un lema común inscrito nunha faixa: ” Contra o Capital e o seu Progreso“. A esta pancarta seguían outras catro, entre as que estaba a nosa de ” Reganoxo Demolizón”, e unhas cen persoas, algunhas das cais portaban bandeiras negras, e algunhas ” estreladas” que se colaron polo medio. Tamén se repartiron panfletos contra a destrucción ambiental e pola obxección fiscal e se fixeron pintadas nas cristaleiras dos bancos (máis…)

Contra o Capital e o seu Progreso

Xoves, 18. Marzo 2010 von reganosa

Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.

Unha agresión intolerábel: a mina de andalucita n’As Pontes bota a andar

Domingo, 14. Marzo 2010 von reganosa

Se alguén pensaba que en materia medioambiental a permisividade do goberno anterior xa era de por si nefasta, agora o goberno do Partido Popular demóstranos que as agresións ao territorio aínda poden acadar cotas máis elevadas de destrución. (máis…)

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll