Fotodiario de la vuelta, Galiza: San Cibrao, As Pontes, Pontedeume, Ferrol, Quilmas…

Xoves, 22. Xullo 2010 von reganosa

Tirado da web da “Revuelta“:

La revuelta ya pedalea camino a visitar la lucha contra las minas a cielo abierto en el Valle de Laciana, última parada de l@s revoltos@s. Y en los últimos 15 días por Galiza los contrastes han sido la norma: preciosas playas y costas, acosadas por la acuciante construcción y el destructivo turismo; verdes y recónditos valles y montes, asfixiados por monocultivos de eucaliptos y eólicos y agujereados por minas y canteras; “a espranza dos vellos pobos” enfrentada a los intereses de bancos, industrias energéticas, administraciones públicas y hasta piscifactorías… (máis…)

Vídeo, crónica e fotos da Bicicaravana ao seu paso pola comarca

Mércores, 21. Xullo 2010 von reganosa

As veces o ritmo dos acontecimentos non nos permite actualizar coa periodicidade habitual, moitas son as cousas que foron pasando dende a derradeira anotación. Entre outras, a bicicaravana antipetroleira pasou pola comarca.


(máis…)

Programa da bicicaravana ao seu paso pola comarca

Luns, 05. Xullo 2010 von reganosa

biciterra.jpg

A bicicaravana antipetroleira achégase

Mércores, 30. Xuño 2010 von reganosa

A bicicaravana antipetroleira está de volta na península e vaise achegando á nosa comarca para facer parada nos pontos obrigados: O dia 7 de Xullo en As Pontes, e de ahí en adiante Picovello, As Fragas, Mugardos e a Ría de Ferrol serán os cenarios do seu paso por estes lares para denunciar a destrucción ambiental da que está sendo obxecto a Terra na súa globalidade.

Para abrir boca colgamos algúns vídeos extraídos da súa canle ne blip.tv

Concentración en la prisión de Castlerea (Irlanda) en apoyo a los compañeros Pat y Neil, los cuales sufren la represión por su gran implicación en la lucha en contra del gasoducto que Shell pretende imponer a la comunidad de Rossport. En frente de la prisión hubo conciertos, comida popular y logramos comunicarnos con los compañeros. Al salir, se bloqueó una gasolinera de Shell. (máis…)

Vídeo e crónica do roteiro contra a mina de andalucita en Picovello

Martes, 18. Maio 2010 von reganosa

O vídeo é realizado por nós, a crónica é tirada de galizanonsevende.org:


Os colectivos pola defensa da FRAGA DE PICO VELLO valora como un éxito o roteiro reinvindicativo que se realizou hoxe, tanto polo número de asistentes (120 en total), ós que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos distintos expertos informaron sobre diversos temas. (máis…)

Unión Libertaria participa no roteiro pola conservación da Fraga d’O Pico Vello

Venres, 14. Maio 2010 von reganosa

Unión Libertaria anima a toda a sociedade e simpatizantes a participar na marcha que varias entidades e colectivos veñen de convocar para o sábado 15 de maio pola zona de Pico Vello en Goente coa finalidade de chamar a atención sobre os serios problemas que carrexaría a instalación dunha mina de andalucita. (máis…)

Alí estivemos

Martes, 11. Maio 2010 von reganosa

Tirado de Recuperar a Utopía:

Na tarde do sábado deu-se continuación às xornadas cos compañeiros Rubén e xavi, de Ferrol. Desde a sua experiéncia de militantes anarquistas e ambientalistas na plataforma Reganosa Demolizón tracexaron unha visión sintética dos contactos entre ideoloxia anarquista e as luitas ecoloxistas e ambientalistas ao longo da história, analisaron polo miudo as novas formas de organización que, desde a base e afastados de influéncias parlamentares, constituen a dia de hoxe a oposición às novas agresión ao meio-ambiente, e finalmente comentaron a situación actual da luita que manteñen contra a regasificadora de Ferrol. Acontinuación houbo un debate entre ponentes e público, entre o que se atopaban militantes doutras plataformas,como a de Autovia Non, de Redondela.

Alí estivemos

Martes, 27. Abril 2010 von reganosa

Madrid_bloque_anarquista_antitransgenicos.jpgO pasado sábado 17, algún de nós, desplazouse ate Madrid para acudir a grande manifestación estatal convocada con ocasión do Dia Internacional da Loita Campesiña, que discorreu dende a Porta de Alcalá ate diante do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino para esixir que o estado proíba o cultivo de maíz transxénico. Tivemos ocasión de participar no nutrido bloque anarquista que fora convocado baixo o lema ” Bajo el capitalismo (rojo, verde, azul,…) otro mundo no es posible“. (máis…)

A loita contra Reganosa, en Madrid

Luns, 12. Abril 2010 von reganosa

O próximo sábado dia 17 estaremos en Madrid, nunha mesa redonda sobre ” Gas, carbón y petroleo” con motivo das xornadas ” Hacer o morir, la revuelta al día en 80 mundos“. Participaran tamén compañeir@s opositores/as á regasificadora de El Musel ( Xixón) e ás centrais térmicas de ciclo combinado en Asturies. O acto será no C.S.O. El Dragón ( Avda. Daroca, 90 La Elipa) ás 17:30 horas.

Estas xornadas, organizadas por xente do Bicilab son un preludio da bicicaravana antipetroleira que vai saír en maio cara Irlanda para denunciar os desastres ecolóxicos propiciados pola petroleira Shell no condado de Mayo.

Breve crónica da presentación de ” Naturaleza, ruralidad y civilización”

Xoves, 25. Marzo 2010 von reganosa

Arredor dunhas vintecinco persoas acudiron á apresentación do libro de Félix Rodrigo Mora no Espazo Libertario de Ferrol. Unha exposición moi amena na que o autor analizou a destrucción do rural por parte do estado e as diferentes medidas adoitadas para tal finalidade. O autor contou unha infinidade de interesantes anécdotas referidas a este proceso de destrucción da cultura rural e comunal, baseada no apoio mutuo e a solidariedade entre veciñ@s, o debate se prolongou arredor de dúas horas. Moi recomendables tanto as obras deste autor como os textos e revistas editados polo extinto colectivo ” Los amigos de Ludd”, ao que pertenceu.

Podedes ver outra presentación deste libro neste vídeo que vos deixamos embaixo (máis…)

Alí estivemos, contra o Capital e o seu Progreso

Xoves, 25. Marzo 2010 von reganosa

pintada.jpg O pasado Domingo estivemos en Compostela, na mani anual que convocamos os colectivos da Rede Galiza Non Se Vende. Compañeir@s de UL, GAS, Lume Negro e individualidades anarquistas acudimos agrupad@s en torno a un lema común inscrito nunha faixa: ” Contra o Capital e o seu Progreso“. A esta pancarta seguían outras catro, entre as que estaba a nosa de ” Reganoxo Demolizón”, e unhas cen persoas, algunhas das cais portaban bandeiras negras, e algunhas ” estreladas” que se colaron polo medio. Tamén se repartiron panfletos contra a destrucción ambiental e pola obxección fiscal e se fixeron pintadas nas cristaleiras dos bancos (máis…)

Contra o Capital e o seu Progreso

Xoves, 18. Marzo 2010 von reganosa

Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.

Presentación do libro “Naturaleza, ruralidad y civilización”

Martes, 16. Marzo 2010 von reganosa

Luns, 22 de marzo de 2010, ás 20:00 horas no Espazo Libertario, presentación do libro “Naturaleza, ruralidad y civilización”, a cargo do seu autor, Félix Rodrigo Mora.

A mediados de los noventa algunas publicaciones como Futuro primitivo de J. Zerzan o los trabajos de Theodore J. Kaczynski, fundamentalmente el Manifiesto de Unabomber (La Sociedad Industrial y su futuro),revitalizaron la crítica a la sociedad tecnológica e industrial desde la perspectiva anarquista. En el Estado Español, al que fueron llegando sucesivas traducciones, no aparece una publicación importante en sus contenidos hasta 2001 por parte del colectivo Los Amigos de Ludd y en forma de boletín, trabajos de los que formó parte el autor de los textos que aquí presentamos. Estos se encargan de una investigación del pasado pre-industrializado (máis…)

Pontos negros da Ria de Ferrol

Mércores, 24. Febreiro 2010 von reganosa


Ver Desfeita ambiental en Ferrolterra en un mapa más grande

En sintonía cos e coas compañeir@s da Rede Galiza Non Se Vende, e dos movimentos sociais, no seu afán por xeolocalizar a desfeita ambiental e social na Galiza, comezamos a sinalización dos pontos negros no entorno da Ría de Ferrol, con intención de que a información aportada poida ser empregada en futuros proxectos de cartografía crítica. (máis…)

A loita contra reganosa nos meios libertarios

Sábado, 06. Febreiro 2010 von reganosa

portada_cnt.jpgDous grandes medios do movemento libertario fixeronse eco ultimamente desta páxina e da loita contra reganosa e maila desfeita ambiental na nosa terra. Por unha banda, o portal www.alasbarricadas.org publicaba hai uns días unha entrevista a Unión Libertaria, onde se daba boa conta da nosa visión sobre o momento actúal desta e doutras loitas. Por outra banda, o periódico CNT no seu derradeiro número, recolle na portada un amplio dossier fotográfico con imaxes das movilizacións contra reganosa, e no interior se referencia esta loita nun artigo onde se sinalan as loitas contra a corrupción política, a especulación urbanística e maila destrucción do meio ambiente nas que a CNT está implicada ao longo do estado.

” Rectificación” de reganosademolizon.org

Venres, 25. Decembro 2009 von reganosa

A plataforma que ficou en colectivo, Artabra 21, a través do seu blogue “ Accións contra Reganosa nas institucións europeas”, solicitan “pública rectificación” pola publicación, por parte de diversos medios de comunicación, dunha nova referente ao feche do expediente do PE sobre a planta de Reganosa.

Din que pretenden “minar a credibilidade do comité” nunha “cruzada para o seu derrocamento”, facendo referencia expresa, entre outras, á nova publicada polo xornal ABC da que, con “substanciosos comentarios”, nos fixemos eco en reganosademolizon.org. Para que non quede ningunha dúbida ao respecto, ligamos todos os textos e documentos relacionados. (máis…)

Desfeita ambiental e loita libertaria

Xoves, 24. Decembro 2009 von reganosa

cataz_definitivo_pontedeume.jpg

O sábado 26 tod@s a defender os espazos okupados, mani na coruña en defensa da Casa das Atochas.

E o martes 29, a fazer uso dun deles, charla sobre ” Desfeita ambiental e loita libertaria” na Casa da Estación de Pontedeume.

Reganosa Demolizón estará alí

Luns, 26. Outubro 2009 von reganosa

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll