REGANOSA: mais do mesmo, australiana ou galega

Mércores, 25. Agosto 2010 von reganosa

Tirado de diarioliberdade.org:

Que salga nestes momentos o presidente da Cámara das Pontes e porta-voz da Energia do PSOE, Valentín Formoso, defendendo o carácter estratégico de Reganosa e a sua galeguizaçom mostra até que ponto os chamados a ser os representantes cidadaos nom som mais do que comissários poltíticos do grande capital especulativo. (máis…)

El Comité festeja la huida de los que fundaron Reganosa

Martes, 03. Agosto 2010 von reganosa

Tirado de El Correo Gallego:

Los opositores denuncian: “Cartos públicos se adicaron só ao beneficio duns poucos”

En lanchas contra los gaseros, maratones hasta Mugardos, encierros y declaraciones judiciales, los opositores a la planta de gas siempre denunciaron “os muros do silencio”. Señalaron desde antes de su construcción, la “inutilidade e perigosidade desta infraestructura”. (máis…)

A Central de Gás de Reganosa no informe de Greenpeace

Luns, 02. Agosto 2010 von reganosa

Tirado de Diário Liberdade

Informe de Greenpeace “Destrución a toda costa” de Galicia 2010, onde en varios sitios, e en especial na súa páxina 125, fai referencia ao asunto de Reganosa e a planta de Mugardos: (máis…)

Contra o Capital e o seu Progreso

Xoves, 18. Marzo 2010 von reganosa

Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.

” Rectificación” de reganosademolizon.org

Venres, 25. Decembro 2009 von reganosa

A plataforma que ficou en colectivo, Artabra 21, a través do seu blogue “ Accións contra Reganosa nas institucións europeas”, solicitan “pública rectificación” pola publicación, por parte de diversos medios de comunicación, dunha nova referente ao feche do expediente do PE sobre a planta de Reganosa.

Din que pretenden “minar a credibilidade do comité” nunha “cruzada para o seu derrocamento”, facendo referencia expresa, entre outras, á nova publicada polo xornal ABC da que, con “substanciosos comentarios”, nos fixemos eco en reganosademolizon.org. Para que non quede ningunha dúbida ao respecto, ligamos todos os textos e documentos relacionados. (máis…)

PE cierra su expediente sobre la planta de Reganosa al no ver irregularidades

Xoves, 03. Decembro 2009 von reganosa

Aparecido en abc.es:

Bruselas, 2 dic (EFE).- La comisión de Peticiones del Parlamento Europeo (PE) cerró hoy su expediente sobre la planta regasificadora de Reganosa, después de que la Comisión Europea (CE) analizase la instalación y no apreciase ninguna violación de las normas comunitarias.

Los eurodiputados archivaron sin debate el caso abierto a raíz de las quejas de Izquierda Unida de Galicia, de la Federación Roi Xordo de asociaciones vecinales y de la Cofradía de Pescadores de Ferrol, según informaron fuentes parlamentarias. (máis…)

LNG Finima: 2º intento fallido

Martes, 17. Novembro 2009 von reganosa

Tirado da web do comité:

Por segundo día consecutivo, o LNG FINIMA, tivo que desistir de facer a súa entrada á Ría de Ferrol, por mor da forza do vento.

Prevista a súa entrada para a marea do mediodía de onte venres e tras aproximarse á bocana da ría, tomou rumbo norte pasando a noite a moitas millas de cabo Ortegal. Esta mañá volveu aproximarse para tentar a posibilidade de entrar na pleamar de hoxe (14,35 h.), pero unha hora antes, a unhas 8 millas do porto exterior, (máis…)

Recollido da prensa de hoxe sobre Reganosa

Mércores, 11. Novembro 2009 von reganosa

Chegou isto por correo:

Golpe al relleno de las rías

El Correo Gallego hoy:

La decisión del Supremo de ilegalizar la expansión del puerto de Marín abre la puerta a la anulación de los previstos en Vigo y Cangas ·· En Ferrol esperan que el Alto Tribunal dicte un fallo similar para la planta de Reganosa (máis…)

Nova agresión local A. VV Mehá

Mércores, 11. Novembro 2009 von reganosa

Chegou isto por correo:

A Asociación de Veciños “O Cruceiro” de Mehá, na tarde do martes 10 de Novembro, presentou denuncia ante a Garda Civil de Mugardos, por unha nova agresión sufrida dentro do seu propio local, situado na travesía dá Pedreira.

Persoa ou persoas descoñecidas accederon ao local e plantaron lume á documentación alí gardada, relativa á Asociación e ao Comité Cidadán de Emerxencia, do que forma parte.
A chegada dunha das socias impedíu que o incendio tomase maior envergadura. (máis…)

Contra a entrada do gaseiro nº 54

Martes, 10. Novembro 2009 von reganosa

Prevista a entrada do gaseiro nº 54.O Cimité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,
Convoca unha CONCENTRACIÓN MARTES, 10 DE NOVEMBRO ás 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol).

Características do gaseiro:

Nome.- Sestao Knutsen - Bandeira.- España - Eslora.- 284,4 m
Manga.- 42,50 m - Calado.- 12,3 m - Capacidade.- 138.000 m3

Puntualización importante ante a entrada do próximo gaseiro en Reganosa

Martes, 10. Novembro 2009 von reganosa

Chegou por correo:

Segundo a súa programación, Reganosa, non tiña prevista descargas hasta o 30 de Novembro.

ENAGAS, Xestor Técnico do Sistema Gasístico, desvía este buque (previsto para Barcelona) á Planta de Mugardos, por razóns técnicas e de seguridade da Planta, evitando, que ésta, ao carecer de demanda, e no manter os niveis mínimos, alcance os recomendados mara manter o fluxo sen liberalo a atmósfera ou queimalo. (máis…)

O CCE ante o II Seminario Seveso, en Santiago.

Luns, 26. Outubro 2009 von reganosa

Tirado de comitecidadan.org:

Os próximos días 26 a 28 de outubro, na sede de FEUGA (Fundación Empresa -Universidade Galega), en Santiago de Compostela, celebrarase o II SEMINARIO SEVESO, no que participarán entre outros, profesionais da seguridade industrial e técnicos estatais, municipais e autonómicos, para tratar problemas detectados na implantación da normativa, as solucións adoptadas e as perspectivas de futuro que se prevén.

Na organización destas xornadas colabora, entre outras empresas e institucións, FORESTAL DO ATLÁNTICO e REGANOSA, establecidas no Concello de Mugardos. Empresas ámbas que incumpren flagrantemente a Lei Seveso, e cuxa perigosa localización vén denunciando desde hai unha década este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. (máis…)

SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA

Xoves, 15. Outubro 2009 von reganosa

Tirado da web de Ártabra 21:

As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a “sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito”. Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal. (máis…)

ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a REGANOSA

Xoves, 15. Outubro 2009 von reganosa

tirado da web de Adega:

Por reiterados incumprimentos do permiso e ocultación de información. Ferrol, 13 de outubro de 2009. A Planta de REGANOSA, mesmo dende a súa entrada en funcionamiento (oficial) en novembro de 2007, vén incumprindo os termos da autorización de Augas de Galiza para a vertedura de augas residuais á ría de Ferrol (Resolución do 13 de decembro de 2005). (máis…)

Sábado 29: CONCENTRACIÓN. Entrada gaseiro nº 51

Venres, 28. Agosto 2009 von reganosa

Estando prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL que fará o nº 51, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha CONCENTRACIÓN, o Sábado 29 de agosto de 2009, ás 8 da tarde. Será diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García de Ferrol.

Características do buque:

Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.40 m, Manga.- 42.50 m,

Calado máximo.- 12.30 m, Capacidade.- 138.000 m3

Case cincuenta

Xoves, 23. Xullo 2009 von reganosa

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro que fará o número 49, cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Convoca CONCENTRACION, Venres, 24 de xullo de 2009, ás 8 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol.

Caracteristicas do buque:

Nome.- Sestao Knutsen Bandeira.- España Eslora.- 284.4 m

Manga.- 42.5 m Calado Máximo.- 12.3 m Capacidade.- 138.000 m³

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.

Xoves, 23. Xullo 2009 von reganosa

De comitecidadan.org

Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días. Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade. (máis…)

Sábado 20: Concentración (Gaseiro nº 47)

Venres, 19. Xuño 2009 von reganosa

Prevista a entrada na Ria de Ferrol do que seria o gaseiro cargado de GNL nº 47, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca para o Sábado 20 de xuño, ás 7 da tarde, CONCENTRACIÓN no Edificio da Xunta – Praza Amada García

caracteristicas do buque:
Nome.- Hispania Spirit – Bandeira.- España – Eslora.- 279 m -
Manga.- 43,4 m Calado máximo.- 12,12 m – Capacidade .- 140.000 m3 (*)
(*) A capacidade máxima autorizada é de menos de 140.000 m3

Acude e difunde

Páxinas

Temas

Procura


Comentarios recentes

  • reganosa: Este artigo é de Alexandre Carrodeguas, ativista do Comité Cidadán. Foi publicado no diario de ferrol e...
  • adegueiro: RADIO DEMOCRATICA DO POBO INFORMA LUMES EN OURENSE: domingo 22 de agosto de 2010 CONCELLO LAZA. 04.00...
  • Rubén: Non o podo inserir porque ten a opción desativada, máis pareceume interesante este outro vídeo que monstra...
  • reganosa: Queda localizado no noso mapa de pontos negros da comarca.
  • Hai un runrún que di que...: … podería ser formigón verquido durante a construcción do porto exterior.

Novas sindicadas

Blogroll